Andrés García-Carro Crespo, nado na Coruña o 5 de febreiro de 1932, é un empresario xubilado e modelo galego.
Traxectoria Estudou Dereito na Complutense de Madrid. Funcionario da administración xeral do estado, estivo destinado na embaixada de España en Buenos Aires. Na capital arxentina tamén traballou no sector editorial e montou un restaurante en Punta del Este (Uruguai). Nese tempo coincidiu con parte da intelectualidade suramericana e con persoas que ao cabo foron asasinadas polo réxime militar arxentino. Nos anos oitenta estableceuse na Coruña e montou en Madrid unha axencia inmobiliaria, Andrés Carro Propiedades, onde traballou ata que se xubilou.
Cando xa pasaba os oitenta anos, a fotógrafa Celine Van Heel, e ademais neta del, fíxolle unhas fotos para a revista de moda francesa L'Officiel; logo, coas fotos abriulle un perfil en Instagram baixo o alcume de The Spanish King. O impacto que causou as súas fotos converteuno nun influencer e modelo.
Traballou posando roupa para Hermès, Louis Vuitton, Yves Saint Laurent, Carolina Herrera, El Pulpo ou Rolex. Apareceu en videoclips, como o de "Tú me dejaste de querer", de C. Tangana; en Todo, de Arón Piper; para Delaossa; para Los Fabulosos Weekend, ou para Alfred García no Benidorm Fest 2023.
Tamén saíu actuando na serie Sentimos las molestias, de Movistar Plus+, en 2022, ou nun programa especial de Master Chef a canda o seu neto Pucho.
Filmes e series
Sentimos las molestias (serie, Movistar Plus+, 2022). Rainbow (filme dirixido por Paco León, 2022).
Vida persoal Vive entre Madrid e A Coruña. Casou en 1966. Tivo catro fillos e oito netos.
Notas
Categoría:Modelos masculinos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1931 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes