Mariana Fernández Pérez, nada en Albarellos (Monterrei) o 10 de febreiro de 1962, é unha actriz e directora galega, máis coñecida como Mariana Carballal.

Traxectoria Formouse como intérprete, directora e pedagoga. É licenciada pola Real Escuela Superior de Arte Dramático y Danza (RESAD), en 1983, cun posgrao en estudos teatrais pola Universidade da Coruña, en 2002. Posúe o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Expresión corporal, teatro e sociedade pola Universidade da Coruña (2006) e mais o de Dirección de actores pola Universidade de San Antonio de Los Baños (Cuba) (2007).

Nos inicios da súa carreira como intérprete adicouse ao teatro traballando co Teatro de Cámara de Madrid, o Teatro Yeses (Teatro de la Cárcel de Elena Cánovas) e o Centro Dramático Galego, baixo a dirección de Ángel Gutiérrez, Rafael Magano, Elena Cánovas, Xosé Martíns, Eduardo Alonso ou Manuel Areoso, entre outros. Esta dedicación decrece paseniñamente á medida que aumenta a súa actividade cinematográfica, televisiva e docente.

Traballou como intérprete en diversas series de televisión e películas, e acadaou unha gran popularidade co personaxe de Maribel no Show dos Tonechos. Destacou como directora de casting e primeira directora da serie Libro de Familia, que conserva o récord de permanencia na TVG. Dirixiu, tamén para a TVG, a gale-com da súa creación Escoba!.

Actualmente exerce como profesora de Dirección Escénica na Universidade de Vigo e de Interpretación e Interpretación para Cámara na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

En 2004 foille concedido o premio Galicia en Feminino outorgado pola Xunta de Galicia e o Premio Macara de teatro. No 2016 recibiu o XOCIVIGA de honra.

Obra Películas Cando volvas ó meu lado (1998), de Gracia Querejeta. Última Estación (Curtametraxe) (1999) de Paul Cadórniga Sei quen es (1999) de Patricia Ferreira Mañá. Condenado a vivir (2001), de Roberto Bodegas. Trece badaladas (2002), de Xavier Villaverde. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. El regalo de Silvia (2003), de Dionisio Pérez. Hotel Danubio (2003), de Antonio Giménez-Rico. León y Olvido (2003), de Xavier Bermúdez. O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Romasanta (2003), de Paco Plaza. La Atlántida (dirección de Casting) (2005), de Belén Macías. Chapapote...o No (2006), de Ferrán Llagostera. Adeus Edrada? (Curtametraxe) (2007), de Rubén Riós. A Mariñeira de Quilmas (dirección de casting e actuación) (2007), de Antón Dobao. Caracolas (Curtametraxe) (2008), de Miguel Caruncho. Relatos (2008), de Mario Iglesias. El patio de mi cárcel (2008), de Belén Macías. Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego (2010), de Simón Casal. La Piel que habito (2011), de Pedro Almodóvar. Sinbad (dirección de casting e actuación) (2011), de Antón Dobao. Curta nº 3 (curtametraxe) (2011), de Xoán Escudero. Carolina Herchel (curtametraxe. Dirección e produción) (2012). El tiempo de Plácido Meana (2013), de Kike Narcea. A historia dun satélite (2013) de Miriam Albert-Sobrino e Sonia Albert-Sobrino. Galicia Portobello Road (2015), de Adriana Páramo. Vida (2016), de Manuel Garrido e Rubén Riós. 22 ángeles (2016), de Miguel Barden. Quen a ferro mata (2018), de Paco Plaza. Elisa e Marcela (2018), de Isabel Coixet.

Televisión Salsa Verde (TVG). Luar (TVG). Un mundo de historias (TVG). Galicia Express (TVG). Nada es para siempre (Antena 3). Mareas vivas (TVG). Manos a la obra (Antena 3). Terras de Miranda (TVG). Policías, en el corazón de la calle (Antena 3). Pequeno Hotel (TVG). Fíos (TVG). Hospital Central (Telecinco). Pratos combinados (TVG). O show dos Tonechos (TVG). Libro de Familia (TVG) (dirección de casting e dirección dos 50 primeiros capítulos). O Gran Cambio (TVG). Matalobos (TVG; como Virxinia). Escoba! (TVG) (idea orixinal, argumentos, edición dirección. 83 capítulos). Casa Manola (TVG). Serramoura (TVG). Fariña, 2018 (Antena 3). Verán M, 2018 (RTP e TVG).

Véxase tamén Ligazóns externas Mariana Carballal en AVG Asociación de Actores, Directores e Técnicos da Escena de Galicia

Categoría:Actores de Monterrei Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Humoristas de Galicia Categoría:Nados en Monterrei Categoría:Nados en 1962 Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Vigueses distinguidos