Patricia Vázquez García, nada no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela en 1962, é unha actriz galega
Traxectoria Ten máis de dúas décadas de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tranvía ou Teatro da Lúa, sen esquecer a súa faceta de contacontos, que comezou realizando en parella con Carlos Blanco para logo continuar en solitario.
No ano 2005 funda a compañía teatral Sapristi, xunto con Nuria Sanz.
Ten realizado multitude de traballos na TVG, destacando o seu papel da xuíza Sabela Muíños nas últimas temporadas de Mareas vivas. Participou tamén nos programas Luar, Apaga a luz, O rei da comedia, O show dos Tonechos, Zaping Comando, Land Rober Tunai Show e Air Galicia da mesma canle, e colaborou nun episodio das series Hospital Central e M.I.R. de Telecinco.
Dende 2008 ata 2015 dou vida á personaxe de Lidia en Padre Casares e dende 2011 a Elvira en Era visto!
En cine traballou en Blanca Madison, na curtametraxe Aínda máis difícil e n´Os fenómenos.
Foi portavoz da Burla Negra, colectivo integrado na plataforma Nunca Máis, e en 2003 foi nas listas do BNG ao concello de Santiago.
Galardóns e nomeamentos
XXII Premio Maruxa Villanueva de 2023
Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2013Mellor actrizEra visto!Nomeada
Notas
Categoría:Actores de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido