Mahamadou Souleymane, nado arredor do 16 de agosto de 1984 ou 1986, coñecido profesionalmente como Mdou Moctar (ou M.dou Mouktar), é un músico e cantautor tuareg en lingua tamasheq asentado en Agadez (Níxer). O seu estilo musical é o rock moderno con influencias da música tuareg, principalmente na guitarra, a cal toca nos estilos takamba e assouf. A súa música foi coñecida inicialmente por unha empresa de telefonía móbil e tarxetas de memoria de África Occidental.
Traxectoria miniatura|Mdou Moctar no festival de Jazz de Pori (Finlandia) en 2022 Mdou Moctar naceu en Abalak (Níxer) e criouse en Arlit, unha cidade mineira. Tras escoitar a artistas como Abdallah Oumbadougou quixo aprender a tocar a guitarra, mais a súa familia era contraria á música eléctrica. Tivo que construír a súa propia guitarra utilizando cables de freo de bicicleta como cordas.
En 2008 gravou o seu primeiro álbum, Anar, en Sokoto (Nixeria), en que destacaban o Auto-Tune e as influencias da música da etnia Hausa. O álbum non foi publicado de xeito oficial nese momento, mais as cancións fixéronse populares nos países do Sahel. Moitas das primeiras cancións de Moctar foron compartidas por Bluetooth como arquivos de MP3 de persoa a persoa por todo Níxer sen a implicación de Moctar.
Algúns das cancións acadaron sona mundial cando Sahel Sounds as publicou no recompilatorio Music from Saharan Cellphones: Volume 1. Everclear, unha banda de Portland (Oregón, EUA), versionou dúas das cancións en inglés. En 2014 publicouse Anar en vinilo a un prezo alto, debido ás «prácticas empresariais depredadoras» de Sixt na primeira xira europea de Moctar.
O seu seguinte álbum, Afelan, foi gravado en directo en Tchintabaraden e presenta «improvisacións obsoletas e baladas cálidas». A canción que lle dá o nome ao título fai referencia a un célebre heroe tuareg do Azawagh, no oeste de Níxer. Contén unha versión do tema «Chet Boghassa», do grupo Tinariwen. En 2014 Moctar descubriu que a súa música adquirira interese a nivel internacional:
En 2019 Moctar publicou o seu quinto álbum de estudio, Ilana (The Creator), o primeiro que gravou cunha banda completa. Bob Boilen, da radio pública estadounidense NPR, cualificou o álbum como «quizais o máis intenso de rock psicodélico do século XXI». Happy Mag situouno no posto 13 da súa lista de «Os 25 mellores álbums de rock psicodélico da década de 2010», e considerouno «música seria por unha causa seria». O seu sexto álbum, Afrique Victime, foi publicado por Matador Records o 21 de maio de 2021. O álbum recibiu críticas positivas de publicacións internacionais como Rolling Stone, Paste, Pitchfork e The Guardian.
Xiras internacionais Durante febreiro e marzo de 2022, Mdou Moctar fixo unha xira de dezaseis datas como abreconcertos do grupo de Brooklyn de indie rock Parquet Courts durante a xira norteamericana deste. Moctar deu ademais oito concertos en solitario ao comezo e ao fin desta xira. Na primavera dese ano realizou unha xira por Europa. Porén, os concertos previstos en Irlanda tiveron que ser cancelados por cuestións de visado.
Filmes En 2013 Moctar apareceu na curtametraxe I Sing the Desert Electric. En 2015 protagonizou o filme Akounak Tedalat Taha Tazoughai (Choiva de Cor Azul cun Pouco de Vermello Nela). A banda sonora inclúe música interpretada no set de rodaxe e na sala L'Embobineuse de Marsella. En 2022 apareceu nun vídeo de Sesións de Fender e interpretou tres cancións do seu álbum Afrique Victime: "Afrique Victime", "Ya Habibti" e "Chismiten". Moctar gravou un NPR Tiny Desk Concert no inverno de 2020 dende unha casa en Niamey (Níxer), publicado no sitio web da NPR o 24 de maio de 2021.
Membros da banda
Mahamadou "Mdou Moctar" Souleymane – guitarra principal, voz Ahmoudou Madassane – guitarra rítmica, coros Michael "Mikey" Coltun – baixo, coros, batería; produtor (2017–presente) Souleymane Ibrahim – batería, percusión, coros (2019–presente)
Membros anteriores
Aboubacar Mazawadje Ibrahim – batería (c. 2018) Mahmoud "Achcouscous" Ahmed Jabre – batería (c. 2016–2017)
Discografía
Álbums de estudio
Anar (2008; reeditado en 2014 por Sahel Sounds) Akounak Tedalat Taha Tazoughai (banda sonora orixinal) (Sahel Sounds, 2015) Sousoume Tamachek (Sahel Sounds, 2017) Ilana: The Creator (Sahel Sounds, 2019) Afrique Victime (Matador Records, 2021) Funeral for Justice (Matador, 2024) Tears of Injustice (Matador, 2025)
Álbums en directo
Afelan (Sahel Sounds, 2013) Blue Stage Sessions (Third Man Records, 2019)
Singles e EP
Tahoultine (2011) Anar / Vanessa (Sahel Sounds, 2012) Ibitlan / Tiknass (Sunbone) (Sahel Sounds, 2020) Niger EP Vol. 1 (Matador Records, 2022) Niger EP Vol. 2 (Matador Records, 2022)
Colaboracións en recompilatorios
Music from Saharan Cellphones: Volume 1 (2010) Music for Saharan Cellphones: The International Reworks (2011) The Mdou Moctar Covers (2012) Pop Music from Republique Du Niger (2012) Music from Saharan Cellphones: Volume 2 (2013) Ronald Paris / Mdou Moctar (2014) Rough Trade Shops Africa 13 (2014) Mind the Gap #110 (2014) Below the Radar 10 (2014) Afrique Refait (2022) (remix de Afrique Victime en que participaron só artistas de África)
Notas
Categoría:Artistas de Matador Records Categoría:Nados en Níxer