O palacio da ópera do Margrave () é unha ópera barroca na cidade de Bayreuth, Alemaña. Construído entre 1745 e 1750, é un dos poucos teatros europeos que se conservan da época e foi amplamente restaurado.Goldmann, A. J., Inch by Inch, an Operatic Jewel Is Polished, The New York Times, 16 April 2018, photographs by Gordon Welters O 30 de xuño de 2012, o teatro da ópera inscribiuse na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO pola súa excepcional arquitectura barroca.
Descrición Situado nunha parte ensanchada da rúa para que as carruaxes poidan parar por diante, o palacio da ópera ten 71,5 metros de longo, 31 metros de ancho e 26 metros de alto. O edificio construíuse segundo planos deseñados polo arquitecto francés Joseph Saint-Pierre (ca 1709 – 1754), construtor da corte do margrave de Hohenzollern Frederico de Brandenburg-Bayreuth e a súa esposa a princesa Guillermina de Prusia. A fachada de arenito deseñouse para mesturarse cos edificios da contorna e para facer referencia á praza Vendôme en París, con grandes columnas corintias, Unha balaustrada estendíase por toda a fachada, con esculturas de Minerva, Apolo e 6 Musas colocadas encima. thumb|left|upright=1|Interior, mirando para o palco O interior de madeira deseñouno Giuseppe Galli Bibiena (1696–1757) e o seu fillo Carlo de Boloña nun italiano de estilo barroco tardío. O auditorio construíuse en forma de campá e pode acomodar a unhas 500 persoas. Cuberto con detalles de ouro, cun teito de trompe-l'œil, o interior tenta imitar pedras preciosas como o lapislázuli. Algunhas zonas do interior están cubertas con lona pintada para evitar fendas e mellorar a acústica.
O palco da corte construído para o Margrave está situado fronte ao escenario, ocupando os tres pisos do palco. Está moi adornado con símbolos da Casa de Brandeburgo e consérvase completamente no seu estado orixinal, agás a cortina que foi roubada polas tropas de Napoleón na súa marcha cara á Campaña rusa. Con todo, o palco da corte era poucas veces utilizado pola parella de margraves con mentalidade artística, que prefería un asento na primeira fila.
Historia A Ópera de Bayreuth inaugurouse con motivo do matrimonio da súa filla Sabela Frederica Sofía co duque Carlos Uxío de Wurtemberg. A princesa Guillermina, irmá máis vella do Rei prusiano Frederico o Grande, establecera a compañía de teatro margravial en 1737. No novo teatro de ópera participou como compositora de obras de ópera e Singspiel, así como actriz e directora. Hoxe aparece nunha presentación sonora e luminosa para turistas. Tras a súa morte en 1758, as actuacións cesaron e o edificio entrou en desuso, motivo do seu bo estado de conservación.
Máis de cen anos despois, a gran profundidade do escenario de 27 m. atraeu ao compositor Richard Wagner, que en 1872 escolleu Bayreuth como centro de festivais e fixo construír o Festspielhaus ao norte da cidade. A cerimonia da primeira pedra celebrouse o 22 de maio, aniversario de Wagner, e incluíu a interpretación da Sinfonía número 9 de Beethoven, dirixida polo mestre.
Partes da película biográfica Farinelli de 1994 filmáronse no Palacio da Ópera. O teatro foi o lugar do festival anual Bayreuther Osterfestival ata 2009. Cada setembro do ano 2000 a 2009, o teatro tamén acolleu o festival barroco de Bayreuth, con representacións das primeiras rarezas operísticas. O festival de 2009 incluíu as actuacións da festa teatrale, L'Huomo, de Andrea Bernasconi, cun libreto da Margravina Guillermina. O barroco de Bayreuth reviviu en 2020. O teatro pechou entre outubro de 2012 por unha ampla reforma e remodelación e reabriu o 12 de abril de 2018.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Alemaña
Ligazóns externas Margravial Opera House Bayreuth UNESCO Officiel Website Official Information Homepage (German / English)
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Alemaña Categoría:Teatros de ópera de Alemaña Categoría:Baviera