Isabel Blanco Picallo, nada en Berna (Suíza) o 8 de setembro de 1971, é unha actriz de televisión, cine e teatro, e presentadora galega.
Traxectoria Naceu na cidade suíza de Berna, sendo filla de dous emigrantes galegos dos lugares de Randufe e A Illa, no concello de Santa Comba. Trasladouse a Galicia na súa adolescencia. Licenciouse en Tradución e Interpretación de inglés e alemán e mesmo chegou a exercer como intérprete no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Porén, no ano 1996 e despois de superar unha proba de selección para a TVG, iniciou a súa carreira televisiva como co-presentadora do espazo de humor A repanocha canda Tacho González. En 1998 deu o salto á interpretación actoral ao poñerse na pel de María Ares en Mareas vivas, da que principiou sendo a protagonista canda Luís Tosar e da que rodou máis de 150 capítulos entre 1998 e 2002. A serie foi un éxito de masas entre o público galego e grazas a ela Isabel Blanco acadou gran sona.
Máis tarde participou noutras producións para a TVG coma Rías Baixas (2000), Avenida de América (2002) ou Efectos secundarios (2007), ademais doutras de ámbito estatal como Nada es para siempre (1999-2000) ou Manolo & Benito Corporeision emitidas en Antena 3, Yo soy Bea (2008) emitida en Telecinco ou Cuéntame cómo pasó en TVE. Nos últimos anos tamén presentou os programas para a TVG Pasaporte galego (2018), Desmontando Galicia (2021-2023) e Desexo concedido (2022).
En cine destacan os seus traballos en A ti como se che di adeus? (1999), curtametraxe de Jorge Coira; Autopsia (2002), de Milagros Bará; O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa; Rosas (2005), curtametraxe de Mikel Fuentes; Cicatrices (2006), curtametraxe de Jairo Iglesias; Vida de familia (2007), de Llorenç Soler; El vestido (2008), de Paula de Luque; Agallas (2008), de Andrés Luque Pérez e Samuel Martín; así como a triloxía de Carlos Iglesias Serrano sobre a emigración española no século XX composta polos filmes Un franco, 14 pesetas (2006), Ispansi (2010) e 2 francos, 40 pesetas (2014).
Foi vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual e delegada de Galicia para AISGE (Actores e Intérpretes, Sociedad de Gestión). Gañou en dúas ocasións o premio Mestre Mateo á mellor interpretación protagonista feminina.
En 2019 foi galardoada do Premio Celanova, Casa dos Poetas.
Filmografía Cine ¿A ti como se che di adeus? (1999), de Jorge Coira. Como Noiva. Autopsia (2002), de Milagros Bará. Como Amanda. O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Rosas (2005), de Mikel Fuentes. Un franco, 14 pesetas (2006), de Carlos Iglesias Serrano. Como Hannah. Cicatrices (2006), de Jairo Iglesias. Como Elena. Vida de familia (2007), de Llorenç Soler. Como Nuria. Si te vira teu pai (2007), de Héctor Carré. O Limia, o rio do esquecemento (2008) curtametraxe. Como Carmiña. Ispansi (¡Españoles!) (2011), de Carlos Iglesias Serrano. Como Rosario. Invasor (2012), de Daniel Calparsoro. 2 francos, 40 pesetas (2014), de Carlos Iglesias Serrano. Como Hannah. O home e o can (2022), de Ángel de la Cruz. Como Marta.
Televisión Mareas vivas (1998-2002) na TVG. Como María Ares. Nada es para siempre (1999-2000) en Antena 3. Como Irene. Rías Baixas (2000) na TVG. Avenida de América (2002) na TVG. Manolo y Benito Corporeision (2007) en Antena 3. Como Rosi. Efectos secundarios (2007) na TVG. Como Alicia. Todos os santos (2013). Filme para a TVG. Casa Manola (2014). Como Vero. Verão M (2018). Como Carmiña.
Documental
Tralos pasos de María Casares (2022), directora, produtora e actriz. Con Sabela Hermida.
Teatro
Sempre quixen bailar un tango. Rosa de dous amores.
Como presentadora A repanocha (1996-1998) na TVG. O rei da comedia (2002) na TVG. As viaxeiras da Lúa (2003) na TVG. Pasaporte galego (2018) na TVG. Desmontando Galicia (2021-2023) na TVG. Desexo concedido (2022) na TVG.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2006Mellor actrizUn franco, 14 pesetasGañadora2013Mellor actrizTodos os santosGañadora
2016: Premio Bos e Xenerosos. 2019: Premio Casa dos Poetas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Isabel Blanco Consello da Cultura Galega Axencia Audiovisual Galega Galegos.info
Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Presentadores da TVG Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Nados en Berna Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1974 Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista