Henrique López Veiga,Toma de posesión de Henrique López Veiga, novo conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura , na páxina web da TVG noutras fontes Enrique César López Veiga,Ficha no Senado nado na Coruña o 1 de febreiro de 1947, é un biólogo e político galego.

Traxectoria Estudou bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou, e axiña entrou a traballar no sector pesqueiro e da investigación, e dende 1972 a 1978 realizou tarefas de pescuda no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Así, cursou en paralelo a carreira de economía en Suráfrica (1978). Foi nomeado secretario técnico da Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, e a partir de 1982 foi o seu director.

En agosto de 1987 aprobou unhas oposicións para a Comisión Europea e ocupou diversos empregos na Dirección Xeral de Pesca e na de Mercados e Recursos Externos, onde acadou o posto de xefe de división de Estruturas da Pesca.

Aínda que membro do Partido Popular Galego (1976) de Xaime Illa Couto e, máis tarde, do Partido Galeguista durante a transición, afiliouse posteriormente ao Partido Popular de Galicia. Manuel Fraga Iribarne nomeouno conselleiro de Pesca (1990-1993). Dende este cargo, asumiu a tarefa de regulación do sector mediante a Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros e a Lei 6/1993, de 11 de maio de Pesca de Galicia. Impulsou o Centro de Control do Medio Mariño, adicado dende 1992 ao control da calidade das augas destinadas a produtos do mar para o consumo humano, o Servizo de Salvamento marítimo SOS Galicia, creado en 1991.Galicia 2003, Xunta de Galicia, pp 407 e 409. ISBN 84-453-3459-X e un seguro colectivo de accidentes no mar.

Á súa saída da Xunta, traballou na dirección xeral de Política de Competencia da Unión Europea, foi xefe de gabinete de José María Gil-Robles y Gil-Delgado na súa época de presidente do Parlamento Europeo e director xeral de finanzas do Parlamento Europeo (1998-2001). Nese ano volveu a Galicia e ocupou de novo o cargo de conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos entre 2001 e 2005. Durante esta segunda etapa como conselleiro traballou nun plan de modernización da frota de baixura, no fomento da profesionalización do marisqueo, na innovación tecnolóxica do sector conserveiro e no apoio a industria transformadora, así como na informatización das lonxas e no impulso ao Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) para o estudo da dinámica dos ecosistemas en colaboración con diversas entidades do Estado e as tres universidades galegas.Galicia 2003, opus cit. pp 400 e ss Elaborou un Plan sectorial de Acuicultura moi discutido polas súas incidencias medioambientais e paisaxísticas Foi o responsable de pesca durante a crise do Prestige.

Tras a retirada de Manuel Fraga anunciou a súa candidatura á presidencia do PPdeG defendendo unha maior democratización do partido e unha aproximación ao centro liberal aínda que finalmente non acadou os apoios necesarios para competir pola secretaría. Foi voceiro de asuntos europeos do PPdeG. O 12 de xuño de 2012 foi elixido polo pleno do Parlamento de Galicia como senador por designación autonómica. Foi presidente da Autoridade Portuaria de Vigo de 2015 a 2020.

Obras Manual de política pesqueira (2000) A batalla de Cavite (2002) Desde el Centro de Galicia (2004) Recoñecementos Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1994. Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Medalla de Prata de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1947 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Presidentes da Autoridade Portuaria de Vigo