miniatura|Escultura do busto de Antonio Barbiano di Belgioioso. A moeda de Belgioioso foi a emitida por Antonio Barbiano di Belgioioso en 1769 e cuñada na Casa da Moeda de Viena. Os dous valores faciais que a compoñen, que é probable que nunca entrasen en circulación, son o tálero e o ongaro.
Historia Antonio Barbiano di Belgioioso (1693-1779), alto funcionario imperial, logo de participar, xunto cos seus fillos Alberico e Luís, na Guerra dos Sete Anos, foi elevado pola emperatriz María Tareixa, o 5 de agosto de 1769, ao rango de príncipe do Sacro Imperio Romano Xermánico, co título de príncipe de Belgioioso. O título, transmisible aos seus primoxénitos varóns, levaba consigo varios privilexios, entre eles o de poder abrir unha casa de moeda en Belgioioso e emitir alí moeda de ouro e de prata coa súa propia efixie."La storia del Castello di Belgioioso". Belgiogioso.it No entanto, o príncipe non chegou a instalar ningún obradoiro para a cuñaxe de moeda, senón que se limitou a encargar á ceca vienesa a produción dunha cantidade limitada de zecchini ou ducados de ouro —tamén chamados ongari— e táleros ou escudos (scudo) de prata coa súa propia imaxe e as armas da familia, que é probable que se distribuísen principalmente entre parentes, amigos e cortesáns."Le spendide monete di Belgioioso". Lausfil. Circolo Filatelico Numismatico Lodigiano.Migliavacca, G. (1973) .
Malia seren estas moedas, consonte a disposición imperial, de curso legal, polo menos dentro do Imperio, non se ten constancia da súa circulación efectiva. Ningún dos herdeiros do príncipe Antonio fixo cuñar posteriormente outras moedas.
Moedas ValorImaxeDescriciónAnoCecaTiraxeParámetros técnicosAnversoReversoPesoDiámetroMetalTálero"Scudo - Antonius I Barbianus". Numista.com"1 Scudo (Antonio da Barbiano di Belgioioso)". Colnect.comcentro|220x220pxBusto drapeado e acoirazado de Antonio Barbiano di Belgioioso cara á dereita.Lenda: ANTONIUS I • BARBIANI BELGIOJOSII ET S • R • I • PRINCEPSEscudo coroado sostido por dous leóns, sobre pavillón de armiño colocado sobre dúas bandeiras, co colar do Vélaro de Ouro no centro.Lenda:COMES CUNII ET LUGI MARCH • GRUMELLI • 17691769Viena43028,05 g41,00 mmPrataOngaro"1 Ducat - Antonius I Barbianus". Numista.com"1 Ducato (Antonio da Barbiano di Belgioioso)". Colnect.comcentro|220x220pxIdem. Lenda:ANTON • I • BARBIANI BELGIOJOS • ET S • R • I • PIdem. Lenda:COM CUNII ET LUGI MARCH • GRUMELLI • 17696203,50 g21,50 mmOuro
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Migliavacca, G. (1973) . "Le monete di Belgiogioso ". En Programma Ufficiale Xa Mostra Filatelica e Numismatica, Pavia, Castello Visconteo, 10-12 Novembre 1973. Páxina 15.
Categoría:Moedas de Italia Categoría:Tálero Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas de ouro