Ceca de Ticinum Constantino I (306-337)200x200px197x197pxEn primeiro termo, busto de Constantino laureado e acoirazado cara á esquerda, portando lanza no ombreiro dereito e escudo decorado no brazo esquerdo. Detrás busto do Sol radiado. INVICTVS CONSTANTINVS MAX AVGVitoria alada e drapeada, avanzando cara á esquerda, con coroa na man dereita e palma na esquerda. Detrás Constantino laureado, drapeado e acoirazado, cabalgando cara á esquerda, con hasta pura na man esquerda. Detrás soldado con casco, portando estandarte e lanza transversal. FELIX - ADVENTVS AVGG - NNMúltiplo do sólido. Au. Ceca de Ticinum (marca SMT). Ano 313. Peso: 39,78 g (Gabinete de Medallas de París). "Monnaie: multiple d'or de Constantin Ier, Ticinum, 313". Bibliothèque nationale de France. Département Monnaies, médailles et antiques."RIC VI Ticinum 111 ". OCRE. American Numismatic Society.

A ceca de Ticinum foi unha casa de moeda do Imperio Romano instituída na cidade de Ticinum (a actual Pavia), a partir da reforma monetaria de Aureliano de 274 d.C., en detrimento da existente ata o momento en Mediolanum (Milán).

A ceca permaneceu en actividade ata a súa clausura por Constantino en 326 como ceca imperial. Os ostrogodos instalaron na mesma cidade unha nova ceca, que estendeu a súa existencia ata o século XV, coñecida xa como ceca de Pavia.

Marcas de ceca A ceca de Ticinum tivo unha cantidade variable de obradoiros ou oficinas monetais, e en tempos de Probo (276-282) chegou a contar con ata seis.Chiaravalle, M. (1990). Páxina 47. Algunhas das súas marcas de ceca son as seguintes:"Ticinum". Forum Ancient Coins."Ceca de Ticinum". Tesorillo.com

T (Ticinum). BT (secunda ticinensis). PT (prima ticinensis). ST (secunda ticinensis). TT(tertia ticiniensis). QT (quarta ticinensis). SMT (na moeda de ouro).

Historia

Derradeiro período de anarquía militar: emperadores ilirios (274-285) Coa morte de Galieno (253-268), elixiuse o primeiro dos chamados emperadores ilirios, Claudio II o Gótico (268-270), que procedía das zonas ilirias. Claudio dedicouse a frear as incursións godas e finou en Sirmium en 270, no centro da fronte iliria, por causa da peste que asolou Iliria naquela época. Sucedeuno outro militar desta rexión, Aureliano (270-275), cuxo primeiro obxectivo foi repeler unha nova incursión de alamanos, marcomanos e xutungos, que invadiran Italia en 270-271. Xurdiu daquela a necesidade de manter un obradoiro de moeda imperial no centro do val do Po, a ceca de Mediolanum, que se establecera xa na época de Galieno. Logo Aureliano concentrouse na reunificación do Imperio, primeiro reconquistándolle o reino de Palmira a Zenobia entre 271 e 273, e despois o Imperio das Galias, gobernado por Tétrico (271-274). A fazaña foi tan exitosa que lle foi concedido o título de Restitutor orbis. A partir destes acontecementos, levouse a cabo unha reforma monetaria en 274, que supuxo o pechamento da ceca de Mediolanum e o traslado dos seus equipamentos e do seu persoal a Ticinum, onde se estableceu a nova ceca."Knowing the Roman imperial mints: Ticinum". Aeternitas-numismatics.com

As cuñaxes nesta nova ceca mantivéronse con continuidade baixo Marco Claudio Tácito (275-276), o seu irmán Floriano (276), Marco Aurelio Probo (276-282),Estiot, S. (2006). Marco Aurelio Caro (282-283) e este cos seus fillos Numeriano e Carino (283-285).Estiot, S. (2017).

De Diocleciano á segunda tetrarquía (285-306) A importancia estratéxica da nova ceca de Ticinum convenceu a Diocleciano (284-305) da conveniencia de mantela en funcionamento dentro da nova organización monetaria do imperio, e despois durante todo o período tetrárquico.Hostein, A. (2012). Na época de Diocleciano, a ceca contaba con dúas oficinas ou obradoiros —das seis que chegara a ter—. A partir do ano 300 pasou a ter tres, e desde 322 catro obradoiros, ata o seu pechamento definitivo en 326.Zosimo. Storia nuova, II, 9, 1.

Emisións da Guerra Civil (306-324) Coa morte de Constancio I Cloro (305-306),Eutropio. Breviarium ab Urbe condita, X, 1.Zosimo. Storia nuova, II, 9, 1. o sistema tetrárquico entrou en crise e o fillo ilexítimo do defunto emperador, Constantino, foi proclamado emperador (306-337) polas tropas,Eutropio. Breviarium ab Urbe condita, X, 2.Zosimo. Storia nuova, II, 9, 1. en competencia co lexítimo herdeiro, Severo. Poucos meses despois, Maxencio (306-312), fillo do antigo augusto Maximiano (286-305), fíxose aclamar pola Garda Pretoriana, restablecendo o principio dinástico.Zosimo. Storia nuova, II, 9, 3.

As guerras civís romanas que seguiu duraron case dúas décadas, de 306 a 324, e provocou o estoupido dun longo conflito entre numerosas faccións de pretendentes ao trono imperial en diferentes partes do Imperio, do que Constantino saíu triunfante. Deste xeito logrouse reunir o poder imperial en mans dun único monarca, logo da época da Tetrarquía.

Neste período a ceca de Ticinum permaneceu en actividade, e na década de 310 Constantino fixo cuñar nela, á parte das moedas circulantes, moedas de prestixio ("medallóns") de gran tamaño en prata e en ouro en conmemoración das súas vitorias militares, que probablemente se entregasen aos mandos militares simpatizantes do cristianismo.Bleckmann, B. (2014). Silva, D. P (2009). "Ticinum: um estudo da propaganda política de Constantino I". En Revista Eletrônica NEARCO. Vol. 4. Páxinas 57-67. Xaneiro. Mais ao finalizar a guerra, Constantino determinou a súa clausura en 326. O motivo do seu pechamento foi similar ao que provocou a súa apertura: o traslado cara a oriente do seu persoal e do seu equipamento, co obxecto de conformar a nova ceca de Constantinopla.

Emisións ostrogodas

miniatura|260x260px|Tremissis de Tótila, rei ostrogodo (542-552). Durante a guerra gótica e coa caída de Roma (536) e de Rávena e Milán (539- 540) e as súas respectivas cecas en mans bizantinas, a ceca de Ticinum ou Pavia cobnverteuse no principal centro de cuñaxe dos ostrogodos a partir do reinado de Tótila (542-552)."Ticinium ostrogota". En Bolis, A. (2007). A primeira moeda cuñada con certeza na cidade foi, de feito, unha siliqua co monograma do rei Hildibaldo (540-541) e é probable que os tremissis emitidos por Tótila,Brandolini, F. (2014) .Arslan, E. A. (2004). coa efixie do emperador Xustiniano (527-565), se adscriban tamén ceca de Pavia, en tanto que, coa reconquista temporal de Roma polos ostrogodos (549-552), se retomou a cuñaxe de ouro na ceca de Roma, aínda que é difícil distinguir os sólidos e os tremissis —esta vez co busto do emperador Anastasio— producidos en Roma dos cuñados en Pavia.Arslan, E. A. (2011).

Xunto á cuñaxe de ouro, a ceca de Pavia produciu tamén siliquas e medias siliquas de prata, co nome —ou monograma— de Tótila no reverso, xeralmente enmarcado por unha grilanda, e moedas de bronce. As moedas de bronce cuñadas en Pavia caracterízanse polo adxectivo FELIX combinado coa imaxe da cidade, o que indica que Pavia era a residencia do rei e a sede das estruturas administrativas e militares centrais do reino, de xeito diferente ás cuñadas en Roma, onde o título que fai referencia á cidade é INVICTA.

Tras a caída de Roma en mans bizantinas, Pavia seguiu a ser a única ceca baixo o control dos ostrogodos. Desta época datan algunhas siliquas de prata cuñadas na ceca polo derradeiro soberano ostrogodo, Teia, finado en 552.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Arslan, E. A. (2004). "Dalla classicità al medioevo. La moneta degli Ostrogoti". En Quaderni Ticinesi, Numismatica e Antichità Classiche. XXXIII. Páxinas 429-462. Arslan, E. A. (2011). "La produzione della moneta nell’Italia Ostrogota e Longobarda". En Travaini, L. (2011). Páxinas 367-413. Bleckmann, B. (2014). "Costantino dopo la battaglia presso il ponte Milvio: Note sul medaglione di Ticinum". En Dal Covolo, E. et al. (eds.). Costantino il Grande alle radici dell' Europa. Libreria Editrize Vaticana.Páxinas 197-220. ISBN 978-88-209-95140 Bolis, A. (2007). "Ticinum Papia. Tra incudine e martello". En Ticinum. Notizie Numismatiche. VIII, 1. Xuño. Páxians 3-26. Brandolini, F. (2014). "Il denaro di Pavia, Civitas Gloriosa. La monetizacione di Pavia, capitale altomedievale (sec.VI-XI d.C.)". En Corso di Numismatica. Università degli Studi di Milano (Academia.edu). Chiaravalle, M. (1990). "La produzione delle zecche di Milano e di Ticinum". En Sena Chiesa, G. Milano capitale dell'Impero romano (286-402 d.C.). Silvana Editoriale. Milán. Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores). Depeyrot, G. (1987). Le Bas Empire romain, économie et numismatique (284-491). Errance, París. ISBN 2903442401 Estiot, S. (2006). "Une campagne germanique de l’empereur Probus: l’atelier de Ticinum en 277-278". En Demougin, S. et al. (eds). H.-G. Pflaum, un historien du XXe siècle. Droz, Xenebra. Estiot, S. (2017). "L' Atelier de Ticinum sous le règne de Carus et de ses fils". En Revue Numismatique. Vol. 174. Páxinas 75-118. Antony Hostein (2012). "Un quinaire inédit de Dioclétien frappé à Ticinum-Pavie en 285". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Ano 67. Nº8. Páxinas 238-247. Mattingly, H. (ed); Carson, R. A. G. (1923). Coins of the Roman Empire in the British Museum. Vol. 1: Augustus to Vitellius. British Museum, Londres. RIC: Roman Imperial Coinage. 10 volumes. Londres 1926-1994: RIC VI: The Diocletian Reform-Maximinus II (294-313). Sutherland, C. H. V. 1967. RIC VII: Constantine I-Licinius (313-337). Bruun, P. M. 1966.

Outros artigos

Cecas da Antiga Roma Ceca de Pavia

Categoría:Cecas da Roma antiga Categoría:Moedas de Italia Categoría:Pavia