20 francos Galo "20 francs Coq Dieu protège la France". Fr.numista.com"20 francs Coq Liberté, égalité, fraternité". Fr.numista.com240x240pxA/: cabeza de perfil de Marianne cara ña dereita, con barrete frixio e coroa de pólas de carballo Lenda: REPUBLIQUE FRANÇAISE·R/: galo altivo camiñando cara á esquerda sobre a terra con herba e flores. Valor facial (20 FCS). Data. Lenda: LIBERTE · EGALITE · FRATERNITE· Período: 3ª República Francesa. Datas: 1899-1914 Desmonetizada: 25 de xuño de 1928. Ceca: Monnaie de Paris (marca de ceca A). Deseño: Jules Clément Chaplain. Tiraxe total: 7.246.529 exemplares. Metal: ouro (900 ‰). Diámetro: 21,00 mm. Peso: 6,45 g. Espesor: 1,25 mm. Canto: epigráfico.
A moeda de 20 francos Galo é unha moeda de ouro co valor facial de 20 francos franceses emitida entre 1899 e 1914 pola Monnaie de Paris, caracterizada por amosar a cabeza de Marianne no anverso e o símbolo nacional francés do galo no reverso.
O deseñador e gravador de ambas as faces da moeda foi o escultor e medallista francés Jules Clément Chaplain.
Moeda circulante Existen dous tipos desta moeda, caracterizados pola lenda inscrita no seu canto. Nas pezas emitidas entre 1899 e 1906, a lenda é DIEU PROTÈGE LA FRANCE. Pola súa banda, as cuñadas entre 1907 e 1914 levan a inscrición LIBERTÉ ÉGALITÉ FRATERNITÉ , propia así mesmo dos reversos das moedas de ambos os tipos.
Tiraxes A tiraxe total das moedas de 20 francos Galo do primeiro tipo foi de 43.034.473 exemplares. Do segundo tipo emitíronse 74.414.415 pezas.
Tipo 1DataExemplares18991.500.0001900615.42519012.643.35919022.393.70719034.405.17519047.705.67419059.158.132190614.613.010Tipo 2DataExemplares190717.715.93519086.721.32519099.636.95519105.779.07219115.346.044191210.331.805191312.163.13819146.720.141
Recuñaxes oficiais O Estado francés levou a cabo, inicialmente en 1921 e posteriormente entre 1951 e 1960, unhas cuñaxes na Monnaie de Paris de novas moedas de 20 francos Galo idénticas ás das datas anteriores e a partir dos seus cuños orixinais, cando as moedas xa estaban desmonetizadas. O obxectivo era reconstituír as reservas de ouro en forma de moedas e influír no prezo do ouro cando se restableceu a súa venda pública despois da primeira guerra mundial, aumentando a oferta.Faure, J-F. (2014). "Fiscalité de l’or : clarifions le grand flou artistique". Loretlargent.info"La 20 francs Coq, Pinay ou pas Pinay ?". Colleconline.com
A operación de 1921 está mal documentada, aínda que parece que só acadou 202.359 unidades. Levouse a cabo cando o franco "xerminal" aínda era oficialmente a unidade de conta do país, pero o ouro e a prata atesouráronse e a cotización do franco fundiuse fronte ao dólar, que chegou a quintuplicar o seu valor anterior a 1914.
Pola contra, a recuñaxe iniciada a partir de xuño de 1951 —coñecida como Pinay, polo apelido do político francés— totalizou 37.483.500 unidades de pezas coas datas entre 1907 e 1914. Esta gran cantidade pesou no mercado internacional. En maio de 1952 emitiuse un bono do Estado ao 3 % indexado ao tipo oficial do "napoleón". Estas recuñaxes dos anos 50 consistiron en millóns de moedas destinadas a deprimir o prezo do ouro en caso de que os investidores e os aforradores as comprasen, coa fin de reducir a taxa de endebedamento público.
Aínda que se cuñaron cos cuños orixinais, o aspecto das recuñaxes é lixeiramente diferente: ademais de estaren en magníficas condicións de conservación —dado que non circularon—, están cuñadas nun ouro máis avermellado, cunha lei do 900,39 ‰, fronte ao 902,63 ‰, das cuñaxes orixinais.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094 Schaal, K. (2021). "La fortune critique d’une monnaie d’or : le coq gaulois de Jules-Clément Chaplain à l’épreuve de la presse (1895-1914)". En Les Cahiers de l’École du Louvre. Nº 16.
Outros artigos
Monnaie de Paris Franco francés Napoleón (moeda) Vreneli
Categoría:Moedas de 20 francos franceses Categoría:Moedas de ouro