En España, o burofax é un servizo utilizado para o envío urxente de documentos que requiran dunha entrega indiscutible, servindo de proba fronte a terceiros, que se entrega sempre baixo firma do destinatario.

Aínda que é marca rexistrada de Correos de España (M-2929970), o termo emprégase frecuentemente como xenérico.

Este servizo que naceu en España como un envío de fax dende unha oficina de correos, posteriormente foi evolucionando ata ofrecer a posibilidade de que a súa imposición sexa en liña. Basicamente trátase de enviar un documento ou notificación a través dun correo electrónico certificado, o cal emite un certificado dixital con validez legal no que se rexistra todo o relacionado coa comunicación.

As distintas empresas que en España comercializan este servizo, ofrecen como elemento complementario a certificación de texto, algunha delas mesmo testemuño notarial da mesma, na que se certifica o contido do envío así como o resultado do mesmo, polo que constitúe proba plena de que se enviou unha comunicación concreta na data certificada a un destinatario determinado.

O Burofax Online ofrece maiores vantaxes que o tradicional xa que é sinxelo e inmediato, reduce custos, elimina trámites e intermediarios e ofrece un seguimento en tempo real das comunicacións, todo iso sen perder validez legal.

Notas

Categoría:Correos Categoría:Telecomunicacións