miniatura|dereita|240px|Christoph Willibald Gluck (retrato por Joseph Siffred Duplessis en 1775) Christoph Willibald Gluck, nado en Erasbach, Alemaña, o 2 de xullo de 1714 e finado en Viena o 15 de novembro de 1787, foi un prolífico compositor alemán de orixe xermana-bohemia.

Estreou a súa primeira ópera, Artaxerxes, en Milán no ano 1741, permanecendo en Italia ata 1745. Despois viaxou a Londres, Dresde e Viena, cidade na que estreou Semíramis recoñecida en 1748.

Reformador da ópera, as súas primeiras innovacións son visibles no ballet Don Juan (1761) e na ópera Orfeo e Eurídice (1762). Tras unha nova viaxe a Italia en 1763 regresou a Viena onde compuxo Alceste e posteriormente viaxou a Parma. De volta a Viena deu leccións á arquiduquesa María Antonieta, quen máis tarde o protexería como raíña de Francia.

Na ópera propúxose subordinar a música á poesía co fin de reforzar a expresión dos sentimentos, deixándoa sen adornos superfluos.

Obras Artajerjes (1741) Cleonice (1742) Demofoonte (1743) A Sofonisba (1744) Semíramis recoñecida (1748) Os chineses (1754) A inocencia xustificada (1755) O rei pastor (1756) A illa de Merlín (1758) A árbore encantada (1759) Don Juan (1761) Orfeo e Eurídice (1762) Alceste (1763) Ifigenia en Áulide (1774)

Categoría:Nados en 1714 Categoría:Finados en 1787 Categoría:Compositores de Alemaña Categoría:Compositores de música clásica