Eva Cernadas García, nada na Coruña en 1969, é unha científica galega. Traxectoria Eva Cernadas é Profesora titular da área de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial e investigadora vinculada ó Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) na Universidade de Santiago de Compostela . Investiga no deseño de novas técnicas de visión por computador e aprendizaxe automática para resolver problemas nos ámbitos da bioloxía, tecnoloxía dos alimentos ou medicina. Foi pioneira na utilización da intelixencia artificial para a predición da calidade de lombos e xamóns.

Gañadora do segundo premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia en intelixencia artificial. Participa na promoción da igualdade deseñando obradoiros no programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole ou promovendo o concurso Informatízate para estudantes. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Portal de investigación da USC

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes