Pedro Ruibal Iglesias, nado en Vigo o 2 de agosto de 1995, máis coñecido polo seu nome artístico Hard GZ, é un rapeiro galego.

Traxectoria Nado en Vigo en 1995, criouse na Coruña, onde entrou en contacto co hip hop e o rap, aos 14 anos, montou o seu primeiro estudio na casa e comezou a rapear na banda Urban Style Crew. As súas letras veñen marcadas por mensaxes de crítica social, de superación persoal e do seu cariño pola súa terra.

Foi cofundador e integrante do selo independente La Utopía del Norte.

Tras mudarse a Barcelona creou Lil GZ, nome baixo o cal compón máis ao estilo trap en conxunto ao regueton, coma se fose un alterego materialista.

Implicouse en proxectos solidarios con EcodesarroioGaia no Senegal en 2017, financiado con cartos dos fans, e con Base A, Somos Ecuador e BioCanna en Chamanga, Ecuador no 2018, onde participou nun un pequeno documental, titulado Chamanga Linda.

Discografía Álbum Virus (2014) Kaos Nomada (2018) Versus (2018) Siempre (2020) Harakiri (2020) Mar y tierra (2022) LACOSTA (2023 LACOSTA II (2025)

EPs Imperium (2021)

Singles

Notas

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Rapeiros de Galicia Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Cantantes en lingua galega