é unha serie de Gosho Aoyama que aínda non está rematada nin en manga nin en anime e que alcanzou un éxito notable dentro e fóra do Xapón.
O anime está producido por TMS Entertainment e supera xa os 830 episodios. Ademais, inclúe 20 películas e aínda se emite tódalas semanas no Xapón en Yomiuri TV.
No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, dende 1994 e supera xa a cantidade de 925 capítulos. Ata o de agora saíron 90 tomos. Planeta DeAgostini encárgase da súa publicación en España, mais faino unicamente na lingua castelá (e catalán soamente en Cataluña). Actualmente encóntrase dividido en dúas coleccións, Volume 1 e Volume 2 de 13 e 81 tomos respectivamente. A colección Volume 2 estase a publicar e sufriu xa diversas ampliacións tras o número inicial. Dado o éxito a colección Volume 1 reeditouse novamente tempo despois.
O 2 de outubro de 2006 foi lanzada a primeira saga de O detective Conan con actores reais, titulada O detective Conan Drama. O segundo drama foi estreado o 7 de decembro de 2007. Contou cunha terceira e unha cuarta parte, así como tamén dunha serie de 13 episodios situada antes do argumento da serie orixinal.
En Galicia, o anime lanzouse ao ar o 10 de abril do 2006 na Televisión de Galicia, dentro do contedor xuvenil Xabarín Club chegando a se emitiren 300 episodios tras varias reposicións. O 2 de febreiro do 2009 a serie pasou a se reemitir dende o principio na nova canle galega G2, na grella de luns a venres, ao mediodía e no serán. Por outra banda, no Nadal do ano 2007-2008, saíron á venda dous DVDs da serie con varios capítulos da mesma. Durante os anos 2012 e 2013 emitíronse as oito primeiras películas da serie en galego.
Sinopse
Deste xeito comeza o argumento central desta historia, na que Shinichi Kudo, un detective de instituto de 17 anos, é encollido por mor dunha droga experimental que lle dá unha organización formada por uns misteriosos Homes de Negro ao ser descuberto mentres os estaba a espreitar no momento en que realizaban un sospeitoso intercambio. Os confiados Homes de Negro, Gin e Vodka, crendo que o veleno acabaría por matar a Shinichi, déixano agonizando na escuridade da noite pero, lonxe de morrer, Shinichi convértese nun rapaz de 7 anos.
Desorientado e sen saber moi ben que facer, Shinichi vai buscar axuda á casa do seu veciño e amigo, o profesor Agasa. Sorprendido polos efectos secundarios desa estraña droga experimental, Agasa aconséllalle que oculte a súa verdadeira identidade para que as persoas que lle rodean non corran perigo. Así, adopta o pseudónimo Conan Edogawa (Conan, saído de Arthur Conan Doyle e Edogawa, de Rampo Edogawa) e preséntase ante Ran Mouri, a súa mellor amiga, co obxectivo de investigar e dar co paradoiro da Organización dos Homes de Negro xa que seu pai, Kogoro Mouri é un sobranceiro detective privado.
Mentres espera con inquietude a aparición de calquera pista que lle conduza ata a Organización, Conan non poderá evitar resolver a través de Kogoro unha morea de delitos e asasinatos que se van producindo, a esgalla, ao seu arredor. Tanto é así, que o inepto detective vai collendo fama coas súas resolucións. En varias ocasións, Conan está a piques de obter algunha información relevante sobre a organización, coma o lugar onde parece ser que se reunían os Homes de Negro (O Bar Cocktail, que finalmente estoupa por mor dunha bomba que puxeran os propios Homes de Negro para borrar as súas pegadas), ou a información da composición da droga APTX 4869, incluída nun disquete que acaba nas mans do inspector Sango Yokomizo como proba dun asasinato.
Manga
No Xapón, o manga aínda se publica semanalmente todos os mércores no Shonen Sunday, desde 1994 e superou xa a cantidade de 900 capítulos. Ata o 18 de agosto de 2015 saíron 87 tomos.
Planeta DeAgostini encárgase da súa publicación en España e unicamente na lingua castelá (e en catalán soamente en Cataluña). Actualmente encóntrase dividido en dúas coleccións, o Volume 1 (os 130 primeiros capítulos) e o Volume 2 (capítulos 131-828) de 13 e 81 tomos respectivamente. A colección Volume 2 estase a publicar e sufriu xa diversas ampliacións tras o número inicial. Dado o éxito a colección Volume 1 reeditouse novamente hai pouco. Ademais existe outra colección (allea á principal), o "Volume Especial" (de 31 tomos); nesta última colección asistimos a casos que se lle presentan a Conan para investigar, pero non achegan ningún acontecemento importante que afecte a trama principal. Unha nova edición da serie regular, que fusiona dous tomos nun só, saíu ao mercado no 2011.
Anime
O detective Conan é unha serie animada creada a partir do manga ideado por Gosho Aoyama do mesmo nome. Como adaptación ao celuloide, conserva moitas similitudes coa súa versión en papel, aínda que tamén hai diferenzas de menor grao dentro da trama.
No Xapón o anime estreouse o 8 de xuño do 1996, chegando a emitirse semanalmente ata acadar máis de 830 episodios a día de hoxe, e aínda se segue a emitir cada sábado na Yomiuri TV.
En España dobrouse en lingua castelá, en catalán (con dobraxes en catalán central, en valenciano e en balear), en éuscaro e por suposto, en galego grazas á distribuidora Arait Multimedia. Acadou éxito especial en todas estas dobraxes, emitindo gran número de episodios e, asemade, dobrando varias das súas películas.
En Galicia o anime lanzouse ao ar o 10 de abril do 2006 na Televisión de Galicia, dentro do contedor xuvenil Xabarín Club chegando a emitiren 300 episodios tras varias reposicións. O 2 de febreiro do 2009 a serie pasou a se reemitir dende o principio na nova canle galega, a G2, na grella de luns a venres, ao mediodía e no serán. Na tvG2, durante o 2012 e o 2013 emitíronse os oito primeiros filmes da serie. No 2021 e no 2024 estréaronse, respectivamente, 50 e 30 episodios novos.
Dobraxe ao galego Estudio: Sodinor S.A. (Vigo, episodios 001-300), Babalú Studios (A Coruña, episodios 301-332; 746-775), Cinemar Films (Santiago de Compostela, episodios 333-350) Data: 2006-2007; 2011-2013; 2020; 2023. Tradución: María Alonso Seisdedos (001-300), Manuel Arca Castro (301-350) Dirección: Matías Brea e Alfonso Valiño (001-300) / Charo Pena (301-350) Elenco da dobraxe:
Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal(Seiyū) Shinichi Kudo Gaspar Somoza Kappei Yamaguchi Conan Edogawa Teresa Santamaría Minami Takayama Ran Mouri Isabel Vallejo Wakana Yamazaki Kogoro Mouri Matías Brea Akira Kamiya Juzo Megure (eps. 001-300) Alfonso Valiño Furin Cha Juzo Megure (eps. 301-) Antón Rubal Furin Cha Hiroshi Agasa (eps. 001-300) Paco Barreiro Kenichi Ogata Hiroshi Agasa (eps. 301-) Tacho González Kenichi Ogata Genta Kojima Antonio Rey Wataru Takagi Ayumi Yoshida (eps. 1-347; filmes) Marián Muíño Yukiko IwaiAyumi Yoshida (eps. 746-775)Sara Couce MansoYukiko Iwai Mitsuhiko Tsuburaya (eps. 001-298) Patricia de Lorenzo Ikue Ootani Mitsuhiko Tsuburaya (filmes + eps. 301-) Montse Davila Ikue Ootani Sonoko Suzuki Nora Abad Naoko Matsuio Heiji Hattori Monti Castiñeiras Ryu Horikawa Kazuha Toyama (eps. 124-240) Ana Ouro Yuko Miyamura Kazuha Toyama (eps. 241-) Ana Lemos Yuko Miyamura Kazuha Toyama (filmes) Xermana Carballido Yuko Miyamura Yusaku Kudo Luís Iglesia Hideyuki Tanaka Yukiko Kudo (eps. 44-155 + filmes) Xermana Carballido Sumi Shimamoto Yukiko Kudo (eps. 308-) ??? Sumi Shimamoto Eri Kisaki Charo Pena Gara Takashima Doutor Araide Daniel Lema Hideyuki Hori Wataru Takagi Manolo Pombal Wataru Takagi Miwako Sato Montse Davila Atsuko Yuya Ninzaburo Shiratori (eps. 156-329 + filmes 3-8) César Cambeiro Kazuhiko Inoue Ninzaburo Shiratori (filmes 1-2) Monti Castiñeiras Kaneto Shiozawa Axente Chiba Antón Rubal Isshin Chiba Sango Yokomizo (eps. 9-201) Andrés Bellas Akio Otsuka Sango Yokomizo (eps. 212-) Antón Ja Akio Otsuka Misao Yamamura (eps. 100-102) Manolo Pombal Toshio Furukawa Misao Yamamura (eps. 214-263) Carlos Jiménez Toshio Furukawa Misao Yamamura (eps. 311-336) Chema Gagino Toshio Furukawa Heizo Hattori (eps. 124-125) Óscar Fernández Takehiro Koyama Heizo Hattori (eps. 283-285) Fermín Encinar Takehiro Koyama Caco Kid (eps. 78-79) Raúl Dans Kappei Yamaguchi Caco Kid (eps. 142-238; filme 8) Chema Gagino Kappei Yamaguchi Caco Kid (filme 3) Óscar Fernández Kappei YamaguchiCaco Kid (ep. 756)Gaspar SomozaKappei Yamaguchi Gin (ep. 1) Óscar Fernández Yukitoshi Hori Gin (eps. 135-; filmes) Coté San Segundo Yukitoshi Hori Vodka (ep. 1) Coté San Segundo Fumihiko Tachiki Vodka (ep. 135-; filmes) Xosé Tanas Fumihiko Tachiki Vermouth (eps. 188-190; 301-) Ana Lemos Mami Koyama Vermouth (eps. 249-250) Beatriz García Mami Koyama Ai Haibara Chelo Díaz Megumi Hayashibara Ai Haibara (filmes 3-4; 6-7) Helena Amoedo Megumi Hayashibara Pisco Antón Cancelas Yasuo Muramatsu Tequila Antón Cancelas Kosei Hirota Yumi Miyamoto Charo Pena Yu Sugimoto Jodie Saintemillion Beatriz García Miyuki Ichiyo Shuichi Akai Raúl Dans Shuichi Ikeda James Black Miguel López Varela Iemasa KayumiJinpei MatsudaNacho CastañoNobutoshi CannaKenji HagiwaraGelos RosadoShinichiro MikiSubaru OkiyaUxío CoutoRyotaru OkiayuMasumi SeraSabela AránNoriko HidakaToru AmuroManuel ArcaToru Furuya
Voces adicionais:
Outros medios Películas No Xapón xa se produciron 22 películas de O detective Conan, que colleitaron éxito dabondo nos cinemas. En Galicia puidemos ver, grazas á TVG, as 8 primeiras da franquía.
# Título Estrea no Xapón Estrea en Galicia
Da película 12 á 16 elaborouse un episodio especial previo ou posterior aos acontecementos narrados no propio filme: os Magic Files.
Animacións de vídeo orixinal (OVAs) As OVAs son capítulos especiais de longa duración non emitidos en televisión. No Xapón adóitanse sacar en vídeo ou DVD.
{| class="wikitable" |- style="background:#EFEFEF" ! # ! Título en galego |- |1 |Conan contra Caco Kid contra Yaiba |- |2 |Dezaseis sospeitosos |- |3 |Conan, Heiji e o neno desaparecido |- |4 |Conan, Caco Kid e o Cristal Nai |- |5 |Obxectivo, Kogoro Mouri! A investigación secreta dos Detectives Xuvenís! |- |6 |A persecución do diamante desaparecido! Conan e Heiji contra Caco Kid |- |7 |O desafío escrito de Agasa |- |8 |O instituto das mozas detectives: o libro de Sonoko |- |9 |O estraño despois de 10 anos |- |10 |Kid na Illa das Trampas |- |11 |Instrucións secretas dende Londres |- |12 |O milagre de Escálibor
Detective Conan Drama Detective Conan Drama (名探偵コナン- 工藤新一への挑戦状, Meitantei Conan: Kudō Shin'ichi he no Chōsenjō) é un especial con actores reais que preparou Gosho Aoyama para conmemorar os 10 anos do anime. A historia acontece uns días antes de que Shinichi se encontre cos Homes de Negro e que estes lle dean o veleno. Shinichi, que recibe unha carta anónima que lle informa dun rapto que se producirá nunha excursión do instituto, intentará dar co culpable. Pero ese non será o único secuestro que teña que impedir o xove detective.
Dirección: Koichi Okamoto Guionistas: Gosho Aoyama, Mutsuki Watanabe Produtores: Toshikazu Tanaka, Masahiro Kunimoto, Akira Miyakawa Música: Katsuo Ono Elenco:
{| class="wikitable" |- style="background:#EFEFEF" !width="150"|Personaxe !width="150"|Actor |- |Shinichi Kudo |Oguri Shun |- |Kogoro Mouri |Jinnai Takanori |- |Ran Mouri |Kurokawa Tomoka |- |Juuzou Megure |Nishimura Masahiko |- |Sonoko Suzuki |Iwasa Mayuko |- |Keiji Tamagawa |Ibu Masato |- |Shingo Kitajima |Fukawa Ryo |- |Mai Nishida |Mizukawa Asami |- |Kunio Azuma |Matsushige Yutaka |- |Kyosuke Minamida |Nishimura Kazuhiko |- |Yoko Okino |Becky
No ano 2007 saíu outro especial cos mesmos actores, mais nos anos 2011 e 2012 fixéronse dúas longametraxes máis de carne e óso respectivamente, substituíndo a case todo o elenco inicial. Grazas ao éxito das mesmas, nese mesmo ano estreouse unha serie de 13 episodios que narraban os casos de Shinichi Kudo antes de se converter en Conan Edogawa.
Mercadorías DVDs da serie No Nadal do ano 2007-2008, saíron á venda en Galicia dous DVDs da serie como parte dunha campaña.
O detective Conan I