Nariman Aliev (en ), nado o 15 de decembro de 1992, é un guionista e director de cinema ucraíno de orixe tártara de Crimea. Gañou o Premio Nacional da Crítica de Cinema "Kinokolo" 2019 (mellor director e mellor filme) e o premio ao Artista meritorio de Ucraína no ano 2020.
Traxectoria Nariman Aliev naceu o 15 de decembro de 1992 na vila de Petrivka, no Raión de Krasnohvardiiske, na República Autónoma de Crimea. En 2009, graduouse na Escola Secundaria Petrivska. En 2013, fixo o bacharelato en dirección de televisión e cinema polo Instituto de Artes Audiovisuais (con Oleh Fialko). En 2014 recibiu o diploma de especialista en dirección de televisión da Universidade Nacional de Teatro, Cinema e Televisión de Kíiv.
En 2016, foi nomeado para o Oso de Cristal do Festival Internacional de Cinema de Berlín pola súa curtametraxe "Without You". É membro da Academia de Cinema de Ucraína dende 2017, e membro da Academia de Cinema Europeo dende 2019. Ademais é membro do Consello Público do Comité de Ucraína para os Óscar dende 2019.
A primeira longametraxe de Nariman Aliev, Evge (2019) estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes. O filme tamén foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Filmografía 2013 — Tan Atqanda Qaytmaq — director, guionista, cámara, editor e produtor 2013 — Dima — operador e editor 2014 — Seni Sevem — director, guionista, cámara, editor e produtor 2014 — Qara — instalación 2014 — Son — operador 2016 — Sensiz — director, guionista,cámara, editor e produtor 2019 — Evge — director e guionista
Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Crimea Categoría:Directores de cinema de Ucraína Categoría:Guionistas de Ucraína