FannyAnn Viola Eddy, nada en Serra Leoa o 14 de xuño de 1974 e finada en Freetown o 29 de setembro de 2004, foi unha activista polos dereitos das persoas gais e lesbianas tanto no seu país, Serra Leoa, como en toda África.

Traxectoria

En 2002 fundou a Sierra Leone Lesbian and Gay Association, a primeira asociación LGBTI do país. Viaxou moito e acudiu á ONU e a outras agrupacións internacionais. En abril de 2004 apoiou a aprobación da Resolución brasileira a prol dos dereitos LGBTI na ONU en Xenebra.

Eddy foi asasinada o 29 de setembro de 2004. Un grupo de polo menos tres homes asaltaron a oficina da Sierra Leone Lesbian and Gay Association no centro de Freetown, violárona en grupo, acoitelárona e rompéronlle o pescozo. Porén, ninguén foi condenado polo crime.

Eddy tiña un fillo de 10 anos e unha parella, Esther Chikalipa.

Legado A Hirschfeld Eddy Foundation, unha entidade a prol dos dereitos humanos de lesbianas e gais, leva o seu apelido e o de Magnus Hirschfeld, físico e sexólogo gai alemán.

En 2008 creouse o premio FannyAnn Eddy de Poesía. Notas

Véxase tamén Outros artigos Violencia contra persoas LGBT

Ligazóns externas

Testemuño de FannyAnn Eddy na Comisión de Dereitos Humanos da ONU HRW Memorial "Testemuño de Fannyann Eddy na Comisión de Dereitos Humanos da ONU", Website Dedication

Categoría:Finados en 2004

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Serra Leoa Categoría:Activistas LGTB Categoría:Dereitos humanos Categoría:Personalidades sen imaxes