Paradjanov (en ) é un filme ucraíno de 2013 dirixido Serge Avedikian e Olena Fetisova. Conta a historia do director de cinema Sergei Parajanov. Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 86ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O filme conta a historia do director de cinema Sergei Parajanov, que fai grandes filmes que lle aportan recoñecemento internacional. O seu comportamento desafiante provoca un conflito co réxime totalitario soviético. Parajanov é encarcerado por acusacións falsas, mais un amor inquebrantable pola beleza dálle forza para crear, a pesar de anos de cárcere e a prohibición de traballar no cinema.

Personaxes Serge Avedikian como Paradjanov Karen Badalov como Laert Yuliya Peresild como Svetlana

Produción O filme foi creada co apoio financeiro do Cinema Estatal de Ucraína, ARTE FRANCE, o Centro Nacional de Cinema de Xeorxia e o Centro Nacional de Cinma de Armenia. O orzamento da cinta foi de 22,6 millóns de ₴ (uns 2 millóns de euros). A participación financeira do State Cinema ascendeu a 11,3 millóns de ₴.

A rodaxe tivo lugar en Francia, Ucraína (incluíndo o centro penitenciario de Drohobych), Armenia e Xeorxia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Ucraína propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua ucraína Categoría:Filmes de Ucraína