Kurilsk (en ruso: Курильск, en xaponés: 紗那村 Shanamura) é unha cidade de Rusia, situada na illa de Iturup, nas illas Kuriles (na Óblast de Sakhalin). Fundada no século XVIII, habitada inicialmente polo pobo ainu, a illa foi o fogar dunha colonia rusa a finais do século XVIII, e máis tarde dunha guarnición xaponesa (c. 1800). En 1855, Iturup foi recoñecido como territorio xaponés polo Tratado de Shimoda.

En novembro de 1941, a illa, e outras, serviron de lugar de espera para a frota que navegaba para atacar Pearl Harbor. En 1945, a illa foi ocupada pola Unión Soviética tras a derrota do Xapón ao final da segunda guerra mundial.

A súa economía baséase na pesca, principalmente do salmón. A illa conta cun porto e un aeroporto.

Demografía

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Censo de 2002 (en ruso)

Categoría:Cidades de Rusia