María del Carmen Lovelle Alén, nada en Ourense o 9 de xullo de 1941, é unha política galega.
Traxectoria Mestra de educación primaria (daquela chamada EXB) e delegada da Sección Femenina en Verín, foi elixida concelleira de Verín nos últimos anos do franquismo en representación do terzo familiar.tVÁZQUEZ LORENZO, ALEXANDRE. La autonomía, en femenino. El País, 18/7/2011. Foi tenenta de alcalde de Verín, e trala dimisión do alcalde en 1975, foi nomeada alcaldesa de Verín polo gobernador civil.El Pueblo Gallego, 20-11-1975, p. 17. Nas primeiras eleccións municipais democráticas presentouse nas listas de Alianza Popular, e conseguiu a alcaldía grazas a un pacto co PSOE. Foi deputada provincial. En 1981 presentouse ás eleccións galegas na candidatura de Alianza Popular pola provincia de Ourense e foi elixida deputada no Parlamento de Galicia. Ademais, e sen deixar de ser deputada, foi designada senadora en representación do Parlamento de Galicia (1982-1986).
Nas municipais de 1983 perdeu a alcaldía en favor do candidato de Coalición Galega Santiago Cid Harguindey. En 1986 abandona AP xunto co dirixente provincial Jaime Tejada en desacordo coa converxencia cos Centristas de Galicia de Victorino Núñez, constituíndo Agrupación de Independentes de Ourense (ADEI-O). Encabezou esta formación en Verín nas municipais de 1987 sen conseguir recuperar a alcaldía, dado que Cid Harnguindey logrou a maioría absoluta. Posteriormente achegouse ao daquela empresario e incipiente político José María Ruiz-Mateos, e conseguiu ser secretaria xeral da Agrupación Ruiz Mateos, formación que obtivo éxito nas eleccións europeas de 1989 ó lograr dous escanos.
En decembro de 2003 foi nomeada vicepresidenta do Rayo Vallecano, equipo de fútbol tamén vencellado á familia e empresas de Ruiz-Mateos. Dirixiu a emisora Radio Libertad en Madrid. En agosto de 2021 presentou en Verín o seu libro Diario de Carmen en cuarentena. Mi verdad con libertad.Carmen Lovelle: «No busco ser simpática. Es el reflejo de mi personalidad»
Vida persoal O seu home é médico e foi delegado local de Sanidade de Verín. Dende os anos noventa vive en Madrid.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Verín Lista de senadores galegos desde a Transición Ligazóns externas Carmen Lovelle: «Una de mis obsesiones era llevar el concello como si fuera una casa». Entrevista en La Voz de Galicia.
Categoría:Alcaldes de Verín Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia por AP
Categoría:Senadores por designación do Parlamento de Galicia
Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1941 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes