Andrés Rodríguez Millares, nado en Noia e finado no mesmo concello en decembro de 1975, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Emigrou a Cuba e retornou a Noia nos anos corenta. En 1950 fundou en Noia a revista Tapal con Manuel Fabeiro Gómez, que dirixiu ata a súa desaparición en 1955. Foi directivo da Sociedad Liceo de Noia. Colaborou en La Noche e La Voz de Galicia. Utilizou os pseudónimos Onelia Borrel, Inciarte e Segundo Armenteros. Finou en Noia en decembro de 1975."Fallecimiento de Andrés Rodríguez Mallares", El Pueblo Gallego, 23-12-1975, p. 16.
Recoñecementos
Dende 1985 unha rúa de Noia leva o seu nome.La Voz de Galicia, Santiago, 14-7-1985, p. 40. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Un noiés en Cuba
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Noia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Finados en 1975