Cochina envidia é unha serie de televisión colombiana producida por TeleColombia e creada por Carolina Cuervo para Prime Video. A serie estreouse o 7 de outubro de 2022.

Está protagonizada por Ana María Orozco, Cecilia Navia, Carolina Cuervo e Jeymmy Paola Vargas, xunto a un extenso elenco coral.

Sinopse Cochina envidia é a historia de catro amigas que se reúnen para celebrar que María, unha delas, acaba de gañar un prestixioso premio de literatura. Porén, o que comeza sendo unha festa chea de risas e camaradería acaba converténdose nunha guerra na que ningunha delas dubida en soltar as verdades á cara, reabrindo vellas feridas e pondo en perigo a amizade que as unía.

Personaxes Ana María Orozco como María Jeymmy Paola Vargas como Flora Cecilia Navia como Tina Carolina Cuervo como Ana Santiago Alarcón como Leo

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Colombia Categoría:Series de televisión de Prime Video