Maria Dmitreyevna Raevskaia-Ivanova (en ucraíno: Марія Дмитрівна Раєвська-Іванова), nada en 1840, preto de Gavrilovka (Gobernación de Khárkiv), e finada en Khárkiv en outubro do 1912, foi unha pintora e profesora de arte ucraína. No ano 1868, converteuse na primeira muller no Imperio Ruso en ser distinguida co título "Artista Libre" pola Academia Imperial de Artes.
Traxectoria Naceu no seo dunha familia de terratenentes e foi educada no fogar. Posteriormente, estudou no estranxeiro compabilizando a formación artística con cursos de etnografía, arqueoloxía, historia da arte e lingüística pasando cinco anos entre Francia, Italia e Dresden.
Regresou ao seu país no ano 1868, superando o exame de "Artista Libre" da Academia Imperial e, o ano seguinte, instalada en Khárkiv, abriu unha escola privada de debuxo e pintura. Nela proporcionaba aloxamento de balde para os estudantes pobres. No 1872, foi admitida como membro de honra da Academia polos métodos anovadores que empregada na súa tarefa docente, que gañou sona polos premios gañados polos seus alumnos en exposicións.
A escola fundada por Raevskaia-Ivanova estivo 27 anos en funcionamento, formando a uns 900 estudantes, entre eles descatan Serhii Vasylkivsky, Alexei Beketov e Konstantin Pervukhin.
A titularidade da escola foi asumida polo concello no ano 1896. No 1912, foi renomeada como Escola de Arte de Khárkiv, un centro satélite da Academia Imperial, baixo a dirección de Alexander Lubimov. Durante o período soviético foi convertida nunha escola técnica e na actualidade é denominada Academia Estatal de Deseño e Artes de Khárkiv.
Alén da súa pintura e a docencia, escribiu numerosos panfletos e artigos sobre a instrución da arte, así como un manual, cuxo título pode ser traducido como "O ABC de debuxo para a familia e a escola" (1879).
O seu marido, Sergei Alexandrovich, era tamén profesor empregado polo concello de Khárkiv. O seu fillo, Alexander Sergeyevich, foi enxeñeiro técnico e axudou no deseño varios tipos de locomotoras rusas.miniatura|300x300px|Paisaxe rural (data descoñecida)|centro
Notas
Véxase tamén
Categoría:Finados en 1912 Categoría:Nados en 1840 Categoría:Pintores de Ucraína