César Augusto Pachón Achury, nado en Carmen de Carupa o 21 de maio de 1983, é un agricultor, enxeñeiro agrónomo e político colombiano. Foi representante á cámara polo departamento de Boyacá co aval do Movemento Alternativo Indíxena e Social durante o período 2018-2022 e foi elixido senador da república para o período 2022-2026 na lista pechada da coalición Pacto Histórico. Pachón deuse a coñecer polo seu liderado na Folga Nacional Agraria do ano 2013.

Traxectoria Pachón naceu no concello de Carmen de Carupa na fronteira entre os departamentos de Cundinamarca e Boyacá. Criouse principalmente na cidade de Tunja; durante a súa mocidade dedicouse á agricultura principalmente cultivando pataca e cebola.

É enxeñeiro agrónomo da Facultade de Ciencias Agropecuarias da Universidade Pedagóxica e Tecnolóxica de Colombia.

No ano 2013 fundou xunto a outros líderes sociais o Comité Por la Dignidad Papera y la Soberanía Alimentaria, opostos aos tratados de libre comercio asinados durante os gobernos de Álvaro Uribe e Juan Manuel Santos.

No ano 2015 foi candidato á gobernación de Boyacá onde obtivo o terceiro lugar en votación e onde foi elixido Carlos Amaya.

Vida persoal Está casado coa xornalista e animalista santandereana Rosa Juliana Herrera Pinto, quen tamén tivo aspiracións políticas dentro do partido Alianza Verde.

Notas

Categoría:Nados en 1983 Categoría:Políticos do Movemento Alternativo Indíxena e Social Categoría:Enxeñeiros de Colombia