Itínere Infraestructuras, S.A. é unha empresa española de xestión de infraestruturas. Posúe actualmente 6 concesións de autoestradas que suman un total de 609 quilómetros.
Historia Naceu dentro do grupo Sacyr Vallehermoso en 1996. En 2003 multiplicou os seus activos ao adxudicarse o 100 % da Empresa Nacional de Autopistas e colócase como segunda empresa en número de quilómetros de autoestradas de España.
En xuño de 2009 Citi Infrastructure Parterns lanzou unha oferta pública de adquisición polo 100 %, desprendéndose posteriormente de varias concesións de autoestradas en favor de Abertis, Sacyr e Atlantia.
Concesións As súas concesións concéntranse case todas no norte de España:
Concesionaria Autoestrada Tramos Autoestradas de Galicia AG-55 A Coruña - Carballo Autoestradas de Galicia AG-57 Puxeiros - Baiona Audasa AP-9 Ferrol - Tui Aucalsa AP-66 Campomanes - León Audenasa AP-15 Tudela - Irurzun Acega AP-53 Santiago de Compostela - Alto de San Domingos (Dozón)
Categoría:Empresas de España