Joan Robinson, nada en Camberley o 31 de agosto de 1903 e finada Cambridge o 5 de agosto de 1983, foi unha economista inglesa que formou parte da chamada escola poskeynesiana de Cambridge, Inglaterra. Constitúe un paradigma de economista heterodoxa, xa que as súas teorizacións reuniron elementos das máis diversas escolas, opoñéndose en xeral ás diferentes ortodoxias dominantes na economía a medida que transcorreu o século.
Pensamento económico de Joan Robinson Robinson participou como colaboradora na obra de Keynes publicada en 1936: A teoría xeral da ocupación, o interese e o diñeiro recibindo o recoñecemento do autor no prólogo da obra. En 1942 publicou un ensaio sobre economía marxista tentando rescatar os aspectos conceptuais, puramente económicos, da obra de Karl Marx desligándose de dogmatismos que impedían realizar unha lectura académica do Capital.
Os seus achegues máis recoñecidos viñeron do seu traballo na teoría do capital e do crecemento económico nas décadas de cincuenta e sesenta. Non aceptou a teoría neoclásica do capital, a cal fora adoptada polos economistas da Síntese Clásico-Keynesiana con Robert Solow e Paul Samuelson á cabeza. Protagonizou con devanditos economistas a chamada Controversia entre as dúas Cambridges en relación coa teoría do capital e as súas implicacións na teoría do crecemento.
Notas
Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Liexa Categoría:Economistas do Reino Unido Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados en Inglaterra Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge