Radio Juventud, co indicativo EFJ 8, foi unha emisora de Ribadavia fundada en 1949 e que se integrou na Cadena Azul de Radiodifusión.
Historia A emisora foi a primeira estación escola de Frente de Juventudes en Galicia, unha iniciativa mediante a que se pretendía formar a profesionais no eido da radiodifusión. A radio emitía en onda curta e gañou sona na década de 1950. A maior parte da programación era musical aínda que tamén había espazos formativos sobre temas agrarios ou do bacharelato e de entretemento (radionovelas). Durante a década de 1960, Radio Juventud pechou por interferencias no sinal da televisión.
Radio Juventud tiña os seus estudios no Pazo de Baamonde e tivo como directores a José María Casas Rosendo e a José Antonio Hermida Alonso, e entre os seus locutores destacou José Luis García Casasnovas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cadena Azul de Radiodifusión
Categoría:Emisoras de radio de Galicia Categoría:Ribadavia