Fobos-Grunt foi unha sonda espacial rusa lanzada cara Marte o 8 de novembro de 2011 mediante un foguete Zenit-2FG desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Fobos-Grunt foi unha sonda espacial rusa enviada a estudar Marte e o seu satélite Fobos. Como carga adicional levaba a sonda Yinghuo 1, que debería ter sido a primeira sonda chinesa en orbitar Marte. A misión de Fobos-Grunt era estudar a superficie e atmosfera de Mrte e estudar a superficie e composición de Fobos, recollendo mostras para devolver á Terra.
A sonda chegou á órbita terrestre, desde a que un acendido da última etapa debía tela inxectado na órbita cara Marte. No momento de dar a orde de acendido a sonda non respondeu. Tódolos intentos de poñer en marcha os motores foron infructuosos e o conxunto de etapa e sondas reentraron na atmosfera terrestre o 15 de xaneiro de 2012, destruíndose.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Zenit-2FG Fobos 1 Fobos 2 Yinghuo 1
Categoría:Sondas espaciais