miniatura|180px| 55px 70px O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972. O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural. Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Saint Kitts e Nevis, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Saint Kitts e Nevis ratificou a convención o 10 de xullo de 1986, convertendo os seus lugares elixíbeis para a súa inclusión na lista.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade Rexión: de Saint Kitts e Nevis Ano da inclusión: na lista da UNESCO Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (I) a (VI) son culturais, mentres que de (VII) a (X) son naturais.

Nº Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Descrición01Parque Nacional da Fortaleza de Brimstone Hill200px|Parroquia de Saint Thomas Middle Island 1999 910; III, IV (cultural)O Parque Nacional da Fortaleza de Brimstone Hill é un exemplo excepcional e ben conservado da arquitectura militar dos séculos XVII e XVIII nun contexto caribeño. Deseñada polos británicos e construída por man de obra escrava africana, a fortaleza é testemuño da expansión colonial europea, o comercio de escravos africanos e a aparición de novas sociedades no Caribe. Text was copied from this source, which is available under a Creative Commons Attribution 3.0 IGO (CC BY 3.0 IGO) license.

Lista provisional Ademais dos sitios inscritos na Lista do Patrimonio Mundial, os estados membros poden manter unha lista de sitios provisional que poden considerar para a súa candidatura. As candidaturas para a Lista do Patrimonio Mundial só se aceptan se o sitio xa estaba incluído na lista provisional. Saint Kitts e Nevis inclúe dúas propiedades na súa lista provisional.

+ Sitios provisionais Sitio Imaxe Localización (parroquia) Ano de inclusión Criterios da UNESCO Descrición Zona histórica de Basseterre 150pxParroquia de Saint George de Basseterre1998(cultural)Cidade de Charlestown 150pxParroquia de Saint Paul de Charlestown1998(cultural)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patrimonio da Humanidade por país