A sirohidroclorina é un tetrapirrol macrocíclico intermediario metabólico na biosíntese do grupo sirohemo, o grupo prostético que contén ferro en encimas sulfito redutases. Tamén é o precursor biosintético do cofactor F430, un encima que cataliza a liberación de metano no paso final da metanoxénese.
Estrutura
A sirohidroclorina foi illada por primeira vez a inicios da década de 1970, cando se demosrou que era a forma sen metal do grupo prostético da ferredoxina-nitrito redutase da espinaca. A súa identidade química estableceuse por espectroscopia e por síntese total.
Biosíntese A sirohidroclorina deriva do armazón estrutural tetrapirrólico creado polos encimas desaminase e cosintetase que transforman o ácido aminolevulínico a través do porfobilinóxeno e o hidroximetilbilano en uroporfirinóxeno III. Este último é o primeiro intermediario macrocíclico común para o hemo, a clorofila, o sirohemo e a vitamina B12. O uroporfirinóxeno III é despois transformado pola adición de dous grupos metilo para formar dihidrosirohidroclorina e esta é oxidada pola precorrina-2 deshidroxenase para dar sirohidroclorina.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sirohidroclorina ferroquelatase, un encima que cataliza a inserción de ferro para formar o sirohemo. Sirohidroclorina cobaltoquelatase, un encima que cataliza a inserción de cobalto.
Categoría:Tetrapirrois