Modesto Freire Fernández, coñecido como Hijo de las Pepitas, nado en Ortigueira cara a 1909 e finado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942, foi un carpinteiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Integrouse no grupo de Manuel Freire García. Acusado de participar no asasinato de Andrés Couce Sabio e de varios atracos, foi detido pola Garda Civil de Cedeira a finais de abril de 1941 co enlace Manuel Bello Vidal.El Compostelano, 28-4-1941, p. 2. Xulgado en consello de guerra xunto con Manuel Freire García, foron condenados a morte. Foron executados en Ferrol o 5 de xaneiro de 1942.La Voz de Galicia, 6-1-1942, p. 2.El Ideal Gallego, 6-1-1942, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1942