Rodrigo Ramos González, nado en Laro (Silleda) en 1990, é un músico e cantautor galego.
Traxectoria Comezou a súa carreira musical formando parte de varios grupos, entre eles Barrio Rojo, banda que formou en 2011 xunto ao guitarrista Iago Fernández. En 2015 iniciou unha carreira en solitario, que o levou a publicar o seu primeiro disco en 2017, co título Mirabas almas. Acompañou o lanzamento do disco cunha xira pola Península Ibérica con máis de 50 concertos. En 2019 publicou Sol de invierno, un álbum no que destacou o aspecto vocal, así como os arranxos de piano, e que contou coa colaboración de Guadi Galego no tema "Quedaches sen nada".
En 2023, saíu á luz o seu terceiro álbum, titulado Claustrofobia, que constou de seis temas en castelán e catro en galego, e incluíu a participación de Lucía Pérez en "Nada máis".
Discografía
Mirabas almas (2017). Sol de invierno (2019). Claustrofobia (2023).
Notas
Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1990 Categoría:Cantautores Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes