As transcobalaminas son proteínas de transporte que se une á cobalamina (vitamina B12).

Tipos

Transcobalamina I (TCN1), tamén chamada haptocorrina, factor R e proteína R é unha glicoproteína producida polas glándulas salivares da boca. Serve esencialmente para protexer a cobalamina (vitamina B12) da degradación ácida no estómago orixinando o complexo haptocorrina-vitamina B12. Unha vez que o complexo viaxou ao ambiente máis neutro do duodeno, as proteases pancreáticas degradan a haptocorrina, deixando libre a cobalamina, que seguidamente se unirá ao factor intrínseco para ser absorbida nos enterocitos do íleo. Transcobalamina II (TCN2), proteína que se une á cobalamina unha vez que foi absorbida polos enterocitos do ileo e se degradou o complexo "factor intrínseco-vitamina B12", quedando a vitamina libre na célula. A transcobalamina II realiza o transporte da vitamina B12 aos tecidos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Proteínas