Eduardo Alberto Rodríguez Cunha, coñecido como Tatán, nado en Redondela o 15 de maio de 1954, é un actor galego.

Participou en espectáculos teatrais, de televisión, cinema e sobre todo en obras con monicreques. Tamén se dedicou á música.

Traxectoria Impartiu cursos de dramaturxia e participou en diferentes xurados de premios. Participou no proxecto Corasóns (2012-3), na banda de Pop-Rock Eigualdeixa, no CD Tatán Chapeu (2016) e no proxecto María Fumaça (Xerais, 2013).

Foi fundador do Colectivo de teatro Cirigaita en Redondela en 1980, da compañía teatral Tanxarina en 1983, tamén en Redondela, e de Producións Teatrais do Sur S.L. É o presidente da Asociación de Xente Titiriteira, que participa desde a súa creación no Festival de Títeres de Redondela.

Dirección

O vendedor de paxaros (1999). C. Miro Magariños. Os tres xigantes superliantes (2002). Con Miro Magariños. A verdadeira historia de Pitita Braun (2008). C. Miro Magariños O Crebanoces (2009). C. Santi Prego Festa da Reconquista (2013). Vigo Santiago (2015). C. Paulo Medal. Redondela. Te doy mis manos (2021). Ocelot Tatro.

Filmografía

Cine

A lingua das bolboretas (1998). José Luís Cuerda. Como Roque pai. Lena (2000). Gonzalo Tapia. Como o camioneiro. O lapis do carpinteiro (2001). Antón Reixa. Como Antonio, preso O agasallo de Silvia (2002). Dionisio Pérez. Como Félix. Tres en el camino (2003). Laurence Boulting. Como o frade. Heroína (2003). Gerardo Herrero. Como o psicólogo. Cama adentro (2004). Jorge Gaggero. Como Luisito. Chapapote o no (2006). Ferrán Llagostera. La Bella Otero (2007). Jordi Frades. Como Garda civil 1 As reliquias do Santo (2009). Toño López. Como Frei Lucas. Doentes (2010). Gustavo Balza. Como o sarxento. Vacas, porcos e zapatos de tacón (2010). Manuel Espiñeira. Como Marcial. Vilamor (2012). Ignacio Vilar. Como Don Avelino. Trote (2017). Xacio Baño. Como Celso. A illa das mentiras (2020). Paula Cons. Como Manolo. Matria (2021). Álvaro Gago. Como o señor José. La infiltrada (2024) de Arantxa Echevarría. Como pai Joseph.

Curtametraxes

O derradeiro grolo (2004). Olalla Piñeiro. A voda (2005). Mario Iglesias. Meniña (2006). Dani Domínguez. Finisterre (2007). O meu crime perfecto (2009). Bernabé Carrillo. O coidado (2023). Miguel Canalejo.

Televisión

Mareas vivas (2000). TVG. Pratos combinados (2000). TVG. As leis de Celavella (2002). TVG. Fíos (2002). TVG A miña sogra e mais eu (2004). TVG. A vida por diante (2005). TVG. Terras de Miranda (2006/8). TVG. Matalobos (2009). TVG. Escoba (2012). TVG. Casa Manola (2015). TVG. Vivir sin permiso (2019). Telecinco. Santiago (2022). SIC. Rapa (2022). Movistar Plus+. Artemisa (2023). TVG. Animal (2025). Netflix.

Teatro

Con Tanxarina

Migallas cirigaitas (1983). Monicreques. Rosalín no país do sol (1984). Marionetas de fío. Un, dous, catro... 24; Mariquiña ten un gato (1985). Monicreques e animación. Puf, kataplof, chas!! (1986). Monicreques e animación. Tutti frutti (1987). Monicreques, marionetas e actores. Titiricircus (1988). Marionetas de fíos e actores. Coca a volta da besta (1989). Teatro de rúa, lume, animación. O bebé (1990). Teatro de sombras. Santiago, Santiago (1993). Bunraku e vara. Ah, ah, ah, estamos monstros de risa (1996). Actores e marionetas de fío. Contaloucos (1998). Bonecos de mesa e actores. Ratapú (2002). Bonecos muppets e actores. Os narigudos (2004). Monicreques de luva e variñas. Sombreiros sen chapeu (2007). Sobras e actores. Trogloditas (2010). Actores e bonecos de vara. A casa do avó (2014). Actores e siluetas. As bombas e o xeneral (2016). Actores e siluetas. A galiña azul (2017). Actores e monicreques. A cazola de Lola (2021). Actores e monicreques.

Co Centro Dramático Galego

A cacatúa verde (2001). Como o Marqués de Lansac. Terceiro acto (2020).

Con Producións Teatrais do Sur S.L.

Macbett (1994). E. Ionescu. Como Rei Duncan. Sempre Ubú (1996). A. Jarry. Como Nai Ubú.

Co Teatro do Morcego

A branca Rosa (2000). Barbany e Sans. Como D. Afonso de Portugal. Os vellos non deben de namorarse (2001). Castelao. Como don Saturio. Delicatessen (2019). Axudante do Mago.

Co Centro Dramático Nacional

Luna en Marte (2021). Dir. Dan Jemmet. Como Vittorio.

Música

Chapeu (2017). Coa colaboración do contrabaixista Pablo Vidal e Uxía. Letras de Tatán. Colaboracións de Uxía, Magín Blanco e Carlos Blanco. 12 cancións.

Premios

2018: Finalista nos V PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA, por Chapeu. 2022: Premio María Casares ao mellor actor protagonista por Terceiro acto. 2022: Premio de Honra “Dorotea Bárcena 2022 do FETEGA: "pola súa ampla traxectoria de 39 anos nos que comezou como marionetista e se converteu nun referente do teatro de obxectos en Galiza, fundador, entre outras de Tanxarina Teatro en 1983". 2024: Chimpín de Prata “Pepe Puime” do Festival de Cans. 2024: Premio de Honra do festival Galicreques: "sen o seu traballo como actor e  como titiriteiro, o noso teatro non sería o que é hoxe".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Entrevista en Radio Redondela Tatán - Veludo e Algodón (Chapeu)

Categoría:Nados en Redondela Categoría:Actores de Redondela Categoría:Nados en 1954 Categoría:Músicos de Galicia