Ana María Santos Maneiro, coñecida como Ana Santos, nada en Antes (Mazaricos) o 5 de marzo de 1965, é unha actriz galega de televisión, teatro e dobraxe.
Traxectoria A mediados dos anos 80 comezou no mundo da dobraxe, poñendo a súa voz nos filmes e series que se dobraban ao galego para a entón recentemente estreada Televisión de Galicia. Durante as súas máis de tres décadas neste eido, puxo a súa voz a personaxes como Pan, de Dragon Ball, á Abella Maia, a Tamako Nobi, nai de Nobita en Doraemon ou a Ximbé Fukutomi, en Rántaro, o ninja pequeno.
En 1995 comezou a adicarse tamén ao teatro. Fundou a súa propia compañía, Alba, e con ela comezou a representar As criadas, de Jean Genet. Pouco despois aparcou a súa compañía e continuou no teatro pero con outras compañías, adicada exclusivamente a interpretar.
Aínda que xa tivera un pequeno papel na serie de Telecinco, Todos los hombres sois iguales, o seu primeiro papel importante nunha serie foi o de Pitusa en Mareas vivas. Logo interpretou a Leocadia en As leis de Celavella e tivo pequenos papeis noutras series como O Show dos Tonechos, A vida por diante, Libro de familia, ou Piratas, esta última de Telecinco. Tamén tivo un pequeno papel no filme de 2005, Heroína.
En 2008 meteuse no papel de Elsa na serie Padre Casares, interpretando a personaxe durante os máis de 200 episodios da serie. Tras o final da produción, fixo pequenas aparicións nas series Fontealba, Fariña, Viradeira e El punto frío, así como no filme de Isabel Coixet, Elisa e Marcela. Dende 2019 interpreta a Josefa en A estiba.
Filmografía
Televisión Todos los hombres sois iguales (1997). Telecinco. Mareas vivas (1998-2003). TVG. Como Pitusa. As leis de Celavella (2003-2005). TVG. Como Leocadia. O Show dos Tonechos (2005). TVG. A vida por diante (2006). TVG. Libro de familia (2007). TVG. Piratas (2011). Telecinco. Padre Casares (2008). TVG. Como Elsa. Fontealba (2016-). TVG. Como Perfecta. Fariña (2018). Antena 3. Como Aurora. Viradeira (2018). TVG. Como Lucita. El punto frío (2018). RTVE. A estiba (2019). TVG. Como Josefa. Néboa (2020). TVE. A desorde que deixas (2020). Netflix. Como Concha. Na Gloria (2024). TVG. Como Lela.
Cine
Heroína (2005) Elisa e Marcela (2019). Eroski Paraíso (2019). A illa das mentiras (2020). Ons (2020).
Teatro As Criadas (1996), de Jean Genet, por Alba, Compañía de Teatro S.C. Dirección de Elina Luaces. Flores de Papel (1997), de Egon Wolf, por Traslús Teatro. Dirección Artur Trillo. As Troianas (1998), de Eurípides, Versión de Manuel Lourenzo, por Espello Cóncavo. Dirección de Arturo López. Caprichos de Cervantes (2001), por Teatro Galileo. Dirección de Pedro Rubín. Ruzzante (2002), de Angelo Beolco, por Teatro Galileo. Dirección de Pedro Rubín.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Asociación de Actores, Directores e Técnicos da Escena de Galicia (AADTEG) Consello da Cultura Galega
Categoría:Actores de Mazaricos Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes