Kevin Clancy é un numismático británico, cunha traxectoria profesional vinculada á Royal Mint, a ceca real británica.

Traxectoria Kevin Clancy graduouse en Historia na Universidade de Leeds, onde en 1999 acadou o seu doutoramento cunha tese sobre as recuñaxes británicas de 1816-1817,Véxase (1999) en "Publicacións". dirixida polos profesores Graham Dyer e Christopher Challis."The recoinage and exchange of 1816-17". White Rose eTheses Online (etheses.whiterose.ac.uk).

Clancy incorporouse en 1992 á Royal Mint, onde ocupa o posto de director do museo numismático da casa da moeda. En tal condición destaca, entre outras, a súa contribución para a creación da exposición permanente sobre a historia da Royal Mint na Torre de Londres.

Clancy foi nomeado en 2003 secretario do Comité Asesor sobre o Deseño de Moedas, Medallas, Selos e Condecoracións da Royal Mint, que asesora o Goberno británico e a Coroa sobre os deseños de moedas e obxectos similares."Dr Kevin Clancy, Museum Director". The Royal Mint Museum."Royal Mint Advisory Committee". The Royal Mint Museum.

Kevin Clancy é membro da British Numismatic Society desde 1993, e en 2016 foi elixido presidente desta entidade, cargo que ocupou ata novembro de 2021, cando foi substituído por Elina Screen."Presidents of the Society". British Numismatic Society."New President for British Numismatic Society". Allaboutcoins.co.uk"Dr Elina Screen new president of the British Numismatic Society". En Coins Weekly. 19 de xaneiro de 2023.

Recoñecementos

(2022): Premio Blunt, da British Numismatic Society, de Londres."Presentation of the Council Prize to Dr Kevin Clancy, 28 may 2002". British Numismatic Society."Blunt Prize". British Numismatic Society.

Publicacións Estas son as principais monografías publicadas por Kevin Clancy ao longo da súa traxectoria:

(1999). The recoinage and exchange of 1816-17. University of Leeds. (2008). Designing change: The art of coin design. The Royal Mint. ISBN 978-1-869917067 (2015). A history of the sovereign: chief coin of the world. (2015). Royal Mint Museum. ISBN 978-1-869917005 (2016). The Royal Mint: An Illustrated History. Royal Mint Museum. ISBN 978-1869917012 (2018). Objects of war: currency in a time of conflict. Spink Books. ISBN 978-1907427909

Notas

Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:British Numismatic Society Categoría:Directores de museos Categoría:Alumnos da Universidade de Leeds Categoría:Personalidades sen imaxes