Ánxel Carramal Fernández, coñecido como Ánxel con X, nado en Pontevedra en 1994, é un debuxante, ilustrador, psicólogo e escritor galego.
Traxectoria Graduado en psicoloxía na Universidade de Santiago, foi alumno da escola profesional O Garaxe Hermético.
En 2023 publica O caderno de rama, que trata sobre a guerra dende o punto de vista dun neno que, ante a barbarie e a destrución, atopa na creatividade e no debuxo o seu maior aliado.
Obra
O caderno de rama (2023). Vigo: Xerais. 72 páxs. ISBN 978-84-1110-328-2. ePub: ISBN 978-84-1110-344-2.
Premios
Concurso Cíes Talent. 2021: Premio ao mellor guión no Concurso de Cómics Cornellá. 2021: Primeiro Premio no Concurso de BD da Deputación de Pontevedra. 2022: Primeiro Premio de Banda Deseñada no Xuventude Crea. 2022: Premio O Garaxe Hermético e Banda Deseñada, 4º edición, por O caderno de rama.
Notas
Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1994 Categoría:Psicólogos de Galicia Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Debuxantes de Galicia