Xosé Lorenzo González, alcumado O Pinchudo, nado en Bealo, Boiro, a finais do século XIX, foi un gaiteiro galego.
Traxectoria "O Pinchudo" naceu nunha casa labrega ao nordeste da Aldea Grande.
O 4 de agosto do 1907 estreouse en público na festa da Nosa Señora de Exipto de Abanqueiro. Estaba acompañado polos "Pinchudiños", seu irmán Francisco á caixa e Manuel Quintáns, o "Machoquiñas" do Aguerio ao bombo, de sete e cinco anos, aos que el mesmo instruía no oficio da música.
Aprendeu a tocar o clarinete da man de Manuel "O Bicho" tamén alcumado "O Chosco de Rinlo".
El e seu irmán pasaron a formar parte da Banda de Música de Rianxo, pero ao desfacerse en 1908, quedaron sen formación, ao desartellarse tamén a Banda do Araño.
Con outros músicos de Bealo, Taragoña, Cespón, Araño e Asados, reunidos nunha carpintería de Beluso, formou a Banda de Música de Bealo, que tocou por vez primeira o 19 de marzo de 1911 no adro da Igrexa Parroquial.
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Gaiteiros de Galicia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes