Daniel Pernas Nieto, nado nos Carballiños (Quende, Abadín) o 25 de setembro de 1884 e finado en Mondoñedo o 18 de xullo de 1946, foi un sacerdote e escritor galego.

Traxectoria Estudou no Seminario de Mondoñedo, foi párroco de Baroncelle e capelán do Hospital-Asilo de Ortigueira. Publicou as súas primeiras composicións con 21 anos en ¡Guau... Guau! e De Todo un Poco. Tamén apareceron poemas seus en El Primitivo.

Publicou un único libro, o poemario Fala d'as musas (1936), con prólogo en castelán de Álvaro Cunqueiro e con portada deseñada por Bernardino Vidarte Rivas. Foi o primeiro libro en galego que se publicou en Galicia tras o comezo da guerra civil española. O volume inclúe 26 poemas, de carácter costumista e relixioso na liña de Antonio Noriega Varela. Durante a contenda publicou en La Voz de Ortigueira poemas en galego anunciando que pertencían a un segundo volume de Fala d'as musas que nunca viu a luz.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Abadín Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados por diabetes