A lingua kitanemuk foi unha lingua tákica da familia uto-azteca. Estaba estreitamente relacionada coa lingua serrano, da cal pode ser un dialecto. Falouse nas montañas de San Gabriel e nos arredores dos montes do sur de California. Os derradeiros falantes da lingua viviron até a década de 1940, aínda que o último traballo de campo realizouse en 1937. John Peabody Harrington tomou abondosos apuntamentos en 1916 e 1917, o que permitiu un coñecemento bastante detallado da lingua.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Anderton, Alice J. (1988). The Language of the Kitanemuks of California. PhD. diss., Universidade de California, Os Ánxeles. Mithun, Marianne (1999). The Languages of Native North America. Cambridge: Cambridge University Press.

Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas tákicas Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América