Kondor 1 ou Kondor foi un satélite artificial ruso lanzado o 27 de xuño de 2013 mediante un foguete Strela desde o Cosmódromo de Baikonur.

Características Kondor 1 era un satélite prototipo de observación terrestre mediante radar deseñado por NPO Mashinostroyeniya. O radar de Kondor 1 funcionaba en banda S e podía observar tanto bandas continuas de terreo de 10 km de ancho como zonas puntuais e concretas. Tiña unha resolución de entre 1 e 2 m en modo puntual e entre 5 e 30 m en modo continuo. Foi o precedente do satélite de recoñecemento Kondor-E, lanzado o 19 de decembro de 2014. A versión civil en produción do do satélite denomínase Kondor-FKA. Kondor 1 reentrou na atmosfera o 27 de xuño de 2013.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Strela (foguete) Kondor-E Kondor-FKA

Categoría:Satélites artificiais