Sigurno mjesto é un filme croata-esloveno de 2022 dirixido por Juraj Lerotić. Estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Locarno en agosto de 2022 e estreouse nos cines croatas a comezos de novembro de 2022. Sigurno mjesto é o debut cinematográfico de Lerotić. O filme desenvólvese nun día e nel, o director procesa as súas propias experiencias logo do suicidio do seu irmán. Foi escollido como candidato de Croacia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Goran Marković como Damir Juraj Lerotić como Bruno Snježana Sinovčić Šiškov como nai
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Croacia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 95ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua croata Categoría:Filmes de Croacia Categoría:Filmes de Eslovenia Categoría:Filmes sobre suicidio