Manuel Segade Lodeiro, nado na A Coruña en 1977 é un historiador da arte e comisario galego.

Traxectoria Manuel Segade é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación predoutoral centrouse na revisión da teatralidade e das estruturas lingüísticas alegóricas na escultura dos oitenta a través da obra de Juan Muñoz. Dende 1998 traballou en fragmentos dunha historia cultural das prácticas estéticas de finais de século XIX, arredor da produción dunha subxectividade somática e sexualizada, tema sobre o que publicou o ensaio Narciso fin de siglo (Melusina, 2008).

Durante os anos 2005 e 2006 foi coordinador de contidos de Metrônom Fundació Rafael Tous d'Art Contemporani de Barcelona. Entre 2007 e 2009 foi comisario do Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela. A partir de 2009 retomou o seu traballo como comisario independente, con proxectos para La Casa Encendida, ARCO, MUSAC, Centre d'Art La Panera ou Centro de Arte Dos de Mayo, onde comisariou unha exposición individual dedicada a Lara Almarcegui.

Foi profesor en programas universitarios de Suráfrica e o Brasil. É membro fundador do European Art Assembly, punto de encontro de directores e directoras de arte contemporánea europeos e membro fundador da European Forum For Advanced Practices, apoiado pola rede da Comunidade Europea.

Foi Director do CA2M desde xaneiro de 2016.

Viviu en París, onde traballou como investigador e comisario independente.

En xuño de 2023 foi proposto como Director do Museo Raíña Sofía de Madrid.

Comisariado Tamén realizou comisariados fóra de España como comisario do Pavillon Vendôme e da Fundación Kadist, ambos en Francia; a Bienal de Cuenca, en Ecuador; 13ª Feira ArteBA, en Bos Aires; e o TENT Art Center, en Rotterdam. Manuel Segade en 2017 foi o comisario español do Pavillón de España na 57ª edición da Bienal de Venecia, onde presentou a obra do artista catalán Jordi Colomer.

Como el mesmo declara, a súa práctica curatorial e escrita responde a un conxunto de inquietudes: a circulación de discursos críticos arredor da representación. Isto exprésase en intereses básicos: a construción estética da subxectividade, as formas en que se desenvolve unha comunidade, a historia do corpo, a atención á complexidade dos estilos de vida, a teoría 'queer' ou a performatividade da linguaxe, vinculada a través dunha tarefa que el considera esencialmente política.

Obra

Narciso fin de siglo (2008). Ed. Melusina. 347 páxs. ISBN 978-84-96614-26-0. En casa 2011 (2011). GECESA, Gestión de Centros Culturales. 196 páxs. ISBN 978-84-615-3468-5. Las infinitas especies. Preludio (2013). Save As... Publications. 36 páxs. ISBN 978-84-938430-8-3. Borrador para una trama en curso. Cabello/Carceller (2017). Comunidade de Madrid. Publicaciones Oficiales. 372 páxs. Elements of Vogue. Un caso de estudio de performance radical (2019). Comunidade de Madrid. Publicaciones Oficiales. 230 páxs. ISBN 978-84-451-3831-1. Hay cosas encerradas dentro de los muros que, si salieran de pronto a la calle y gritaran, llenarían el mundo. Latinoamérica en las Colecciones CA2M y Fundación ARCO (2019). Comunidade de Madrid. Publicaciones Oficiales. 208 páxs. ISBN 978-84-451-3765-9.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Entrevista en MasdeArte.com 16.02.12

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en 1977