O Real Racing Club de Santander, S.A.D. é un club de fútbol español da cidade de Santander, en Cantabria. Foi fundado o 14 de xuño de 1913 e compite na Segunda División Española. É o único equipo cántabro que xogou na Primeira División, na que ocupa o 14.° posto na clasificación histórica despois de disputar 44 tempadas.

Foi subcampión de Liga na tempada 1930–31 e semifinalista da Copa do Rei en dúas ocasións (2007/08 e 2009/10). Logo de finalizar en sexta posición na tempada 2007–08, o Racing xogou por primeira vez na súa historia a Copa da UEFA. Sete dos seus xogadores foron internacionais coa selección española.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca con detalles verdes e negros, pantalón negro e medias verdes con volta branca. Uniforme alternativo: Camiseta verdinegra, pantalón verdinegro, media dereita verde e media esquerda negra. Terceiro uniforme: Camiseta azul claro e vermella, pantalón branco con detalles azul e vermello e medias brancas con liñas azul e vermella.

Datos do club dereita|miniatura|Encontro de liga da segunda división B 2016/17 entre o Pontevedra CF e o Racing de Santander.

Tempadas en 1ª: 44 Tempadas en 2ª: 35 Tempadas en 1ªRFEF: 1 (incluída a 2021/22) Tempadas en 2ªB: 7 Tempadas en 3ª: 4 Mellor clasificación na liga: 2º (temporada 30-31) Peor clasificación na liga: 19º (temporada 00-01) Posto na Clasificación histórica de Primeira División: 14º Mellor clasificación en Copa do Rei: Semifinais (2008 e 2010) Participacións en competicións internacionais: 4 Torneo Internacional de París: 1 (1931) Copa Intertoto: 1 (2003) Copa da Paz: 1 (2007) Copa da UEFA: 1 (2008-09) Xogadores internacionais coa Selección española: 7 Primeiro xogador internacional: Óscar Rodríguez (17 de maio de 1925) Último xogador internacional: Salva Ballesta (26 de xaneiro de 2000) Maiores goleadas: Conseguida na casa: 9-0 contra o Alavés (1932-33) Conseguida fóra: 4-7 contra a Real Sociedad (1930-31) Encaixada na casa: 2-6 contra o Oviedo (1935-36) Encaixada fóra: 9-1 contra o Atlético de Madrid (1950-51)

Historial por tempadas TempadaCategoríaPostoCopa do Rei2011/121ª20.º1/8 de final2012/132ª20.º3.ª rolda2013/142ªB1.º1/4 de final2014/152ª19.º2015/162ªB1.º1.ª rolda2016/172ªB2.º1/16 de final2017/182ªB5.º1.ª rolda2018/192ªB1.º1/16 de final2019/202ª22.º1.ª rolda2020/212ªB

Estadio dereita|miniatura|250px|El Sardinero.

Disputa os seus partidos oficiais nos Campos de Sport de El Sardinero, coñecido normalmente coma El Sardinero, situado próximo á praia santanderina do mesmo nome, sendo propiedade do concello de Santander. O estadio inaugurouse en 1988. Dispón de 22.500 localidades, todas elas de asento. As dimensións do terreo de xogo son 105 por 68 metros.

Xogadores Categoría principal: Xogadores do Racing de Santander Cadro actual Datos do 2 de setembro de 2013

Cedidos

Palmarés Torneos rexionais Campionato de Cantabria (13): 1923, 1924, 1925, 1926, 1927, 1928, 1929, 1930, 1931, 1933, 1934, 1939, 1940 Subcampión do Campionato Rexional do Norte (2): 1919, 1922

Torneos nacionais Subcampión da Primeira División (1): 1930−31 Segunda División (2): 1949−50, 1959−60 Primeira División RFEF (1): 2021−22. Segunda División B (2): 1990−91, 2013-14 Terceira División (3): 1943−44, 1947−48, 1969−70 Subcampión de Segunda División (2): 1974−75, 2001−02 Subcampión de Terceira División (1): 1968−69 Semifinalista da Copa do Rei (2): 2007−08, 2009−10

Torneos amigables Trofeo Ciudad de Santander (4): 1984, 1985, 1986, 1989 Trofeo Villa de Gijón (4): 1999, 2004, 2006, 2007 Trofeo Emma Cuervo (2): 1974, 1998 Trofeo Lasesarre (2): 2006, 2009 Torneo Bodas de Oro del Racing (1): 1963 Trofeo Príncipe de Asturias (1): 1973 Trofeo Ciudad de Valladolid (1): 1999 Trofeo de la Vendimia (1): 2008 Trofeo Ramón Losada-Villa de Luarca (1): 2009 Trofeo Junta Vecinal de Treceño-Homenaje a José Antonio Corono (1): 2009 Trofeo Santa Teresa (1): 2010

Filial

O Racing de Santander B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1926 e conseguiu ascender a Segunda B na tempada 2005-06, aínda que agora xoga na Terceira División Española. O Rayo Cantabria é actualmente o segundo filial do Racing de Santander.

Véxase tamén Ligazóns externas Real Racing Club.es (oficial) Sitio web no oficial Sitio web no oficial