Hélène Pierre-Nicolet, nada en Le Havre (Seine-Maritime) o 20 de setembro de 1930 e finada o 14 de abril de 2026, foi unha bibliotecaria e numismática francesa especializada na moeda da Grecia antiga, que ocupou o cargo de directora do Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, en París.
Traxectoria
Dedicación á docencia Logo de dous anos de clases preparatorias no Lycée Thiers de Marsella, Hélène Nicolet ingresou no curso 1949-1950 na École Normale Supérieure de Jeunes Filles de Sèvres, nos Altos do Sena. En 1953 accedeu ao corpo de profesores de ensino secundario na especialidade de Clásicas e a partir dese momento exerceu a docencia durante un período de oito anos.Amandry, M. (2005). "Les directeurs du département des Monnaies, Médailles et Antiques depuis 1719 ". Bibliothèque nationale de France. Comité d'histoire.
Carreira na Biblioteca Nacional de Francia En 1961 tomou un ano sabático para preparar o seu acceso ao Diploma Superior de Biblioteconomía. En outubro de 1962 foi admitida á oposición para a contratación de bibliotecarios e ese mesmo ano incorporouse á Biblioteca Nacional de Francia, no departamento de Ingresos, dende a súa primeira dedicación foi a redacción de notas bibliográficas para obras en inglés.
En 1966 incorporouse ao Gabinete de Medallas, cando a colección de Jean e Marie Delepierre pasou a formar parte das coleccións nacionais, e en 1975 asumiu o cargo de directora do Gabinete de xeito interino, cando Georges Le Rider o deixou para acceder ao de administrador xeral da Biblioteca Nacional. En 1976, foi confirmada formalmente na dirección do departamento, posto que ocupou ata a súa xubilación a finais de 1987. Un dos logros máis salientables da súa etapa como directora do Gabinete de Medallas foi a transformación do seu museo, que abriu as súas portas ao público en 1981.
Investigadora numismática Hélène Nicolet foi unha gran coñecedora da numismática grega, materia sobre a que centrou as súas publicacións. Baixo a dirección do profesor profesor Henri Van Effenterre chegou a iniciar a súa tese de doutoramento sobre as cuñaxes da ila de Naxos, que non chegou a concluír, aínda que lle serviu para publicar varios artigos sobre o tema.Véxase "Bibliografía" (1999). Os seus artigos sobre a moeda grega antiga e o Gabinete de Medallas publicáronse en diversas publicacións conxuntas e en revistas especializadas da súa época, como no Bulletin de correspondance hellénique, en Schweizerische Numismatische Rundschau e en Revue numismatique, publicada pola Sociedade Francesa de Numismática, que en 2006 lle dedicou un número especial de homenaxe."Journée en l'honneur d'Hélène Nicolet-Pierre". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 162. 2006. Páxinas 7-116. Durante o seu período de dirección do Gabinete, Hélène Pierre Nicolet formou tamén parte da terna de directores de Revue Numismatique."Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). Páxina 47.
En 1983 participou no proxecto internacional Sylloge Nummorum Graecorum coa publicación da Colección de Jean e Marie Delapierre, xunto con Georges Le Rider."Travaux de numismatique grecque publiés par Hélène Nicolet-Pierre". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 162. 2006. Páxinas 13-17. En 2002, publicou tamén unha monografía titulada Numismatique grecque, escrita en conxunto con Armand Colin.
Publicacións A seguir, preséntase unha escolma dos artigos publicados por Hélène Pierre-Nicolet ao longo da súa traxectoria científica, así como unha referencia dos seus traballos monográficos:"Nicolet-Pierre, Hélène 1930- ". Digital Library Numis.
Escolma de artigos
(1966). "Trouvaille de Bourg-Blanc (Finistère)". En Revue Numismatique, 8. Páxinas 181-198. (1971). "Monnaies de bronze de Cilicie (Séleucie du Kalykadnos)". En Revue Numismatique, 13. Páxinas 26-37. (1975). "Remarques sur la chronologie relative des plus anciennes séries de statères éléens". En Revue Numismatique, 17. Páxinas 6-18. (1983). "Monnaies archaïques d'Athènes sous Pisistrate et les Pisistratides c. 545-c. 510 (I)". En Revue Numismatique, 25. Páxinas 15-33. (1985). "Monnaies archaïques d'Athènes sous Pisistrate et les Pisistratides c. 545-c. 510 (II). Recherches sur la composition métallique des Wappenmünzen". En Revue Numismatique, 27. Páxinas 23-24. (1999). "Les cratérophores de Naxos (Cyclades): émissions monétaires d'argent à l'époque hellénistique". En Revue Numismatique, 154. Páxinas 95-119. (2009). "A propos du monnayage archaïque de corcyre". En Schweizerische Numismatische Rundschau, 88. Páxinas 103-113.
Monografías (1981). Louis-Félicien-Joseph Caignart de Sauley, 1807-1880 (con D. Guerin). Bibliothèque nationale, París. ISBN 9782717715811 (1983). Sylloge Nummorum Graecorum France. Bibliothèque Nationale. Cabinet des Médailles, Collection Jean et Marie Delapierre (con G. le Rider). Bibliothèque nationale, París. (2002). Numismatique grecque. Armand Colin, París. ISBN 978-2200217815
Notas
Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados no departamento do Sena Marítimo Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados en 2026