Elizabeth Catherine Thomas Carn, Phillack, Cornualla, 16 de decembro de 1817 e finada en Penzance, Gran Bretaña, o 7 de setembro de 1873, foi unha autora, filósofa natural, xeóloga, concóloga, coleccionista de minerais e filántropa británica. Nos seus últimos anos, despois da morte do seu pai, tamén se fixo banqueira. Hoxe probablemente situaríamos as súas contribucións á ciencia no ámbito da ecoloxía humana. "Elizabeth Catherine Thomas Carne: A 19th century Hypatia and her circle", M. Hardie-Budden in Transactions of the Royal Geological Society of Cornwall; Bicentennial issue, April 2014
Xeóloga e autora Desde 1858 ata a súa morte fíxose cargo da empresa do seu pai, como directora do Penzance Bank fundado polo seu avó, William Carne, en 1795 (Batten, Carne e Oxnam). Tamén herdou a afección do seu pai pola xeoloxía e escribiu catro artigos . Foi a primeira muller en ser elixida membro da Royal Cornish Geological Society. Denise Crook, ‘Carne, Elizabeth Catherine Thomas (1817–1873)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004 accessed 21 Nov 2007 Tamén foi unha das primeiros membros, coas súas amigas Caroline Fox e Anna Maria Fox, da Royal Cornwall Polytechnic Society en Falmouth, Cornualla.
Colaborou en moitos artigos para a 'London Quarterly Review ' e foi autora de varios libros.
Notas
Categoría:xeólogos do Reino Unido