Clemente Justo Quiroga Vázquez, nado na Peroxa o 23 de novembro de 1914, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Veciño de Vilaboa (Carracedo). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 29 de agosto de 1939, internado na prisión de Ourense saíu en liberdade o 14 de decembro. Formou parte dun grupo guerrilleiro comandado polos irmáns Antonio e Eulogio Rodríguez González que actuou dende 1939 nos Peares e na Peroxa xunto con Salvador Gil Moure.La Región, 17-2-1942. Foi o encargado da execución de Salvador Gil Moure cunha bomba de man na Peroxa, na liña de ferrocarríl Monforte-Vigo, o 7 de febreiro de 1942.El guerrillero desconocido (1945, un maqui en la cárcel de Cuenca). Como consecuencia do asasinato, foi detido o 13 de febreiro de 1942 xunto cos enlaces da guerrilla Lino Fernández Rodríguez, Agustín Rodríguez Incógnito e Severo Rodríguez Peleteiro.El Pueblo Gallego, 18-2-1942, p. 5.
Notas
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados na Peroxa Categoría:Nados en 1914