O Hunter, que voou o 20 de xullo do 1951, foi un caza empregado por algunhas unidades da RAF, inda que en misións secundarias.
Características Este caza lonxevo foi deseñado para substituír o Meteor, e chegou a substituír os Venom e Sabre dos escuadróns de ultramar. A aparición do Hunter revolucionou o Mando de Caza. Cando foi retirado o Hunter foi amplamente empregado en misións de ataque ó solo e entrou en combate en Indonesia e no Golfo Pérsico. Os derradeiros escuadróns, os nº 45 e 58, serviron coma reservas de pilotos para a frota de avións Jaguar e foron disoltos no 1976. O Hunter estivo en activo no unidade de Armas Tácticas de Brawdy ata o 1982, substituído polo BAe Hawk e o English Electric Lightning.
Especificacións Tipo: Caza diúrno monopraza Hawker Hunter F.Mk 6. Construtor: Hawker-Siddeley Ano: 1951 Principal usuario: Royal Air Force e a Fleet Air Arm Envergadura: 10,26 m. Lonxitude: 13,98 m. Altura: 4,10 m. Área alar: 32,42 m². Peso baleiro: 6.405 Kg. Peso cargado: 8.050 Kg. Planta motriz: 1 Rolls-Royce Avon 200 de 10.000 libras de pulo. Armamento: 4 canóns de 30 mm a proa e bombas, foguetes e tanques lanzábeis subalares. Velocidade máxima: 715 millas/h Alcance operacional: 1.840 millas con tanques subalares.
Categoría:Aeronaves de Hawker Categoría:Aeronaves da Royal Air Force Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1951