dereita|miniatura|José María Lago nun pleno municipal do Concello da Gudiña, 2021. José María Lago Cabo, nado na Gudiña en 1973, é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.
Traxectoria Fillo de Guillermo Lago Pérez. Enxeñeiro técnico industrial, impartiu cursos para a Fundación Galega do Metal. Nas eleccións municipais de 2015 foi o número dous da candidatura do PPdeG. Logo do falecemento do seu pai en xaneiro de 2016 por mor dun infarto,O alcalde da Gudiña falece dun infarto nunha reunión no hospital de Verín, La Voz de Galicia, 21/01/2016. foi elixido alcalde da Gudiña.José María Lago Cabo: «El hecho de ser hijo de mi padre me ayuda mucho» Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Presentouse de novo ás eleccións municipais en 2023 mais non acadou a alcaldía, e ademais de concelleiro pasou a ser deputado provincial.
Vida persoal
Está casado e ten unha filla.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Gudiña
Categoría:Alcaldes da Gudiña Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en 1973
Categoría:Deputados provinciais de Ourense