miniatura|Lacón con grelos: chourizos, androlla, xarrete de vaca, grelos e patacas. A androlla é un embutido cárnico elaborado con costela de porco, pemento, sal e allo. Consómese normalmente cocida acompañada de cachelos e verdura ou dun cocido, aínda que tamén se pode preparar asada no forno ou grellada.

Este manxar típico do sueste Ourense e de Lugo e do Bierzo ten a súa festa na vila de Viana do Bolohttp://www.galiciaenpie.com/fiestas/ourense/fiesta-androlla-viana.html coincidindo tódolos anos co domingo de entroido e na vila da montaña lucense Navia de Suarna.

Preparación A androlla emprega o anaco de maior diámetro do intestino groso (corresponde co cego) para servir de recipiente para o produto. No recheo, este embutido usa principalmente costela e carne, se ben tamén pode levar cachos de coiro. Con todo isto, semella que nalgunhas zonas o recheo eran as propias tripas gordas adubadas cunha salsa picante.

Etimoloxía A denominación androlla vén do francés andouille, como se coñece na Bretaña e Normandía a un embutido moi similar. A denominación francesa, xa existente na Idade Media, provén do latín vulgar inductile, do verbo latino inducere 'introducir', que se refire 'ao que é introducido' (no botelo neste caso). Da palabra francesa deriva tamén a 'nduja italiana, típica na rexión de Calabria.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Botelo

Categoría:Chacinaría Categoría:Embutidos Categoría:Gastronomía do Entroido Categoría:Gastronomía de Galicia